LOURENZÁ .- Ao redor de 600.000 euros investirá a Consellería de Traballo na Escola – Obradoiro “Val de Lourenzá” que iniciará a súa actividade na vindeira semana con 33 persoas que a integran, das cales 28 son alumnos, todos eles do Concello de Lourenzá, iniciativa desenrolada có obxetivo principal de loitar contra o paro preparando aos alumnos para a incorporación laboral. A duración do mesmo será por seis meses, prorrogables en outros seis.
Os 28 alumnos están repartidos en tres módulos.
O Módulo de Axuda no Fogar está formado por 8 alumnos, todos eles mulleres que recibirán as clases teóricas e prácticas no Hospital de San Pablo en Mondoñedo, sendo este o centro de traballo.
Os outros dous módulos son o de Albañilería con 12 alumnos e Carpintería con 8 alumnos que se encargarán conxuntamente da rehabilitación de varios inmobles do rural:
.- Escola de Arroxo na parroquia de Santa María.
.- Escola de Alaxe na parroquia de San Xorxe.
.- Antigo matadoiro.- Este inmoble xa fora rehabilitado fai uns anos cunha escola taller, agora falta rematalo por dentro e converterase nunha Aula da Naturaleza.
.- Muíño do Pereiro.- Situado na parroquia de Santo Tomé e pertencente a varios quendeiros que cederon a súa propiedade ao Concello para que se poida levar a cabo esta actuación. Xunto a rehabilitación do Muíño habilitarase unha área recreativa.