Cervo, 24 de abril de 2017.- O Concello de Cervo celebrará a IX edición da Feira de gando o domingo, 7 de maio.
A cita, organizada en colaboración coa asociación Cabaleiros do Xunco, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.
Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente.
Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.
Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas), carreira de cabalos do país (de 17:00 a 18:00 horas), carreira de cabalos cruzados (de 18:00 horas a 19:00 horas), e tamén haberá carreira de burros (de 19:00 a 20:00 horas); nunha xornada que rematará coa entrega de premios aos mellores exemplares de vacún e equino anotados no concurso da Feira. Será ás 20:00 horas.
Haberá máis de 1000 euros en premios para as diferentes categorías e os gañadores das carreiras.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares quixo agradecer o traballo da Asociación Cabaleiros do Xunco na organización desta cita, “un evento a a día de hoxe consolidado gracias a unha importante labor de recuperación e que é o punto de encontro dos amantes do mundo equino e vacún, que comparten nese día a súa afección con todos os cervenses e visitantes que desexen achegarse nesa xornada ao recinto feiral”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



