Alfoz 1-5-17. A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, recollerá a próxima semana no Concello de Alfoz as patacas que, segundo o RD 197/2017 do Goberno Central establece o Programa Nacional de erradicación de Tecia Solanirova (couce guatemalteca), deben ser entregadas para a súa destrución.
Jorge Val, alcalde de Alfoz, comunica que colaborará coa Xunta para facilitar aos seus veciños o cumprimento da normativa que obriga á entrega dos tubérculos para a súa eliminación.
No concello entregaranse sacos de 20Kg para as patacas: as de semente, as plantadas durante este 2017 e tamén as que aínda teñan da colleita do ano pasado.
Ao recoller devanditos sacos, anotaranse as direccións para facer a recollida o xoves e venres da semana próxima (4 e 5 de maio) por parte de vehículos municipais que o Concello cederá para facilitar o labor da Consellería do Medio Rural. Levantarase acta das cantidades e tipos de patacas (sementa, cultivo, excedente de 2016) co fin de deixar constancia da entrega, así como para as posibles indemnizacións ás que os agricultores poidan ter dereito.
Nestes días colocáronse carteis en todo o termo municipal para informar os posibles afectados polo Plan Nacional de erradicación da Tecia Solanirova e ademais atenderanse as dúbidas que poidan ter respecto diso no consistorio.
A prohibición do cultivo de pataca, que en Alfoz é case na súa totalidade para autoconsumo, é un duro golpe para moitas persoas como se puido ver na reunión informativa que meses atrás organizou a Xunta de Galicia para informar sobre o tema e na que un gran número de asistentes acudiron para saber que ía pasar e como se solucionaría o problema da praga que levou ao Goberno esta prohibición. No noso municipio, como en moitos outros, é tradicional ter uns regos de patacas para a casa, pero tamén somos conscientes de que hai que cumprir a lei e esta di que é necesaria a destrución dos tubérculos para evitar que a couce guatemalteca se estenda provocando males maiores para todos e coa esperanza de que no menor tempo posible se poida recuperar o cultivo da pataca nas nosas terras.











No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



