Lugo 5-5-17. Esta nova xornada, inmersa nun ciclo de reunións previstas en distintas localidades de toda provincia, terá lugar ás 18:00 horas na sala de xuntas do Concello, situado na Praza Maior.
Cóntase coa presenza da concelleira de Turismo, Mª Soledad Rey Yañez; da alcaldesa, María Loureiro García; da xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez Fernández, que será a encargada de explicar a normativa turística; do inspector Manuel Borrajo Iglesias e do policía Pablo Rodríguez González, que tratarán o tema de rexistro de viaxeiros, a cartelería obrigatoria relativa á prohibición de fumar nos establecementos e de vender alcohol a menores, así como o dereito de admisión; e do presidente da APEHL, Cheché Real.
A entrada é libre tanto para asociados como para calquera persoa que estea interesada. Ademais será ocasión tamén para intercambiar opinións e experiencias entre os asistentes e darase a coñecer o labor que se realiza dende a APEHL.