Foz, 5 de maio de 2017. O goberno local de Foz está contento polo resultado do pleno da corporación municipal celebrado onte, porque foron aprobados asuntos importantes como o pago de facturas pendentes e a execución de varias obras solicitadas polos veciños. Así o manifestou esta mañá o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
“O equipo de goberno está contento polo resultado do pleno de onte. Os tres puntos que eran suplementos de crédito para aumentar o orzamento do Concello de Foz en máis de 2,3 millóns de euros saíron adiante. A satisfacción é importante, porque más dun millón de euros vai destinado ao pagamento de facturas de exercicios anteriores, co que liquidamos as que quedaban do ano 2016 por non ter partida orzamentaria e tamén algunhas do 2017 que ao ser orzamentos prorrogados eran investimentos que estaban sen partida. O que quere o equipo de goberno é pagar o que se debe, para o que hai cartos suficientes e o único que había que facer é dotar un suplemento desas partidas para poder acollelas dentro do orzamento”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “os outros 1.200.000 euros son para compromisos que había xa da negociación dos orzamentos deste ano 2017, que quedaron aparte posto que houbo que poñer a partida dun millón de euros para Gestagua e agora hai que repoñer esas partidas. Nelas van moitos compromisos de diferentes tipos. Un deles son os 131.000 euros máis para o plan de emprego que sumados aos 45.000 que xa están usados durante todo este ano fan que neste 2017 o Concello de Foz teña un plan de emprego de uns 175.000 euros, que era o quería a oposición. Tamén, como novidade, este ano teremos un plan Verán específico para tratar de afrontar o verán con certas garantías e mellores servizos, con 135.000 euros máis, que non había outros anos. Ademais o capítulo de festas equilíbrase e parecese un pouquiño máis á realidade, con 120.000 euros. Vanse dotar dúas prazas con wi fi xenérica para todos aqueles usuarios que queiran facer uso delas. Garántese tamén a construción este ano da canceira municipal, con máis de 100.000 euros no orzamento; está o proxecto xa feito. Tamén se garante a construción da senda peonil entre Vilachá e Alemparte, na parroquia de Cangas, con 85.000 euros; obra que tamén era unha demanda dos veciños. Farase a reparación de edificios sociais, concretamente as fachadas que están en mal estado, con 45.000 euros. Tamén se inclúen peticións do resto dos grupos como son a contratación dos proxectos da rúa do Cemiterio, da rúa do Pilar e a taxación do solar da Sareb, que era unha petición do BNG”.
O alcalde comentou tamén que “ademais, cunha emenda do Partido Popular, aprobouse poñer 50.000 euros para obras en Forxán en compensación pola ubicación da depuradora, sobre o que en próximas semanas eu creo que teremos boas noticias. Tamén se cumpre un compromiso adquirido coa Anpa da escola de música ao dotar 2.000 euros para investimento en instrumentos e outros 2.000 para gastos varios”.
Resultado positivo do 2016
Castiñeira destacou: “conseguimos que a maior parte destes dous millóns de euros vaian para a poboación focense, para os nosos provedores e para os veciños en obras. E todo grazas a un resultado positivo que houbo no ano 2016 de máis 1,8 millóns de euros, que deron ese remanente de 2.300.000 euros que se vai usar agora”.
O rexedor focense rematou comentando que “dende o equipo de goberno queremos dar unha mensaxe positiva á xente, porque o pleno está funcionando. Estou orgulloso de presidir esta corporación. Entendemos as críticas dos grupos da oposición, moitas veces polos diferentes reparos a algunhas facturas, pero tamén lle pedimos á oposición que entenda que moitas desas facturas son de obras que eles mesmos pediron durante todos estes anos, que se fan sen ter a consignación orzamentaria correspondente e que o equipo de goberno, en aras de cumprir cos compromisos da oposición, trata de sacar adiante. Polo tanto o importante é que a economía municipal está non bo momento, que se van poder afrontar grandes compromisos, como o pago da débeda de Gestagua e investimentos importantes pedidos polos veciños, porque a solvencia económica do Concello agora mesmo o permite”.
















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



