Ribadeo, 5 de maio de 2017. Os asuntos económicos centrarán o vindeiro pleno ordinario do Concello ribadense. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que o período medio de pago a provedores no pasado trimestre situouse en 11 días; ademais indicou que a liquidación do exercicio de 2016 pechouse cun resultado positivo de 930.000 euros. Nesa sesión tamén se solicitará á Deputación de Lugo a cesión ao Concello do último treito da estrada LU-P-610, que discorre a carón da praia das Catedrais.
O rexedor contou que “para este pleno ordinario do que tivemos onte as comisións informativas previas, a meirande parte dos asuntos teñen que ver coa economía municipal e coa situación económica e financieira do Concello de Ribadeo. De aí que podemos dicir, sen sacar demasiado peito das cousas, porque eu creo que aos representantes públicos a xente esíxenos que tentemos facer as cousas ben e para facelas ben non temos tampouco porque sacar peito, xa que é o que se espera de nós que fagamos”.
Suárez Barcia explicou que “no apartado da economía municipal demos conta dunha serie de informes periódicos que temos que facer, tanto do período medio de pagamento aos provedores, que actualmente se sitúa para este último trimestre en 11 días, como tamén dando conta da resolución aprobatoria da liquidación do orzamento xeral do exercicio pasado, do exercicio de 2016, no que tivemos un resultado positivo de 930.000 euros. É dicir cumprimos de sobra as regras de gasto e os programas de estabilidade que marca o Ministerio de Economía e Facenda”.
O alcalde ribadense sinalou que “ao mesmo tempo, como temos remanentes positivos vémonos obrigados, en tanto non haxa leis de orzamento a nivel estatal, de utilizar este diñeiro para amortizar débeda. Noutro momento quizais poderíamos empregar estes cartos para facer máis inversións das que temos planificadas, pero agora non nos queda outra que amortizar débeda. Non é mala cousa tampouco, porque de feito vamos utilizar 600.000 euros para dunha atacada amortizar un dos préstamos antigos de pago a provedores de hai anos e co cal a finais de ano quedaranos vivo aproximadamente medio millón de euros despois do préstamo inicial, que no seu momento foi de 1.500.000 euros”.
Fernando Suárez dixo que “a pesares disto a lei nos faculta para ampliar crédito nalgunhas outras partidas e aquí si que o imos facer na que ten que ver con camiños rurais para mellorar asfaltados, etc, ao longo do verán”.
E engadiu que “xa desde o punto de vista urbanístico traemos ao pleno a petición á Deputación Provincial de Lugo da cesión do treito que faltaba do viario provincial LU-P-610, que discorre xustamente ao pé da praia das Catedrais. Xa nos cederon o resto e quedaba un treito pequeno, pero moi importante e agora entendemos que ben xustificado por parte da Corporación Municipal contamos e confiamos que a Deputación dentro de pouco nolo ceda tamén, porque non o precisamos por dicir que somos titulares dun viario máis, ademais isto conleva máis responsabilidade no coidado, no mantemento, etc, senón que queremos ordenar toda esa zona moi vinculada a este plan especial da contorna da praia das Catedrais, que está actualmente en redacción e que esperemos que dentro de poucas semanas poidamos sacar a aprobación inicial e a exposición pública”.





















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



