Lugo, 5 de maio de 2017. A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este venres na Casa das Letras de Ribadeo a reedición da obra de Daniel Cortezón, As covas do Rei Cintolo, que foi publicada por primeira vez no ano 1956, pola Editorial Galaxia, e que conta cun prólogo de Ramón Piñeiro, e un vocabulario de Voces pouco usadas. Fíxoo xunto ao editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña. O Goberno da Deputación colabora coa promoción e difusión deste libro pola provincia, coa adquisición de 200 libros. Esta nova edición, inclúe un cómic doutro autor ribadense, Suso Peña, que leva o mesmo título.
García Porto destacou “con esta publicación faise xustiza coa obra destes dous autores ribadenses. Xa que, por un lado recuperamos unha das primeiras novelas publicadas en galego, que xa tivo éxito alá polo anos 50, e ademais descubrimos o cómic de Suso Peña, o primeiro debuxante de cómic profesional de Galicia. Unha peza que debuxou para unha revista que se chamaba Comix, da editorial Toutain”.
A Deputada explicou ademais que a estes dous autores mariñáns uníaos unha fonda amizade, e lembrou que xa colaboraran xuntos en varias publicacións, por iso esta publicación cobra máis sentido. “A Deputación colabora con esta edición, unha das primeiras novelas publicadas en galego, porque é imprescindible recoñecer e valorar as obras dos nosos autores; sexan escritores, pintores, artesáns, todos merecen o noso recoñecemento”, subliñou.
Daniel Cortezón premio Blanco Amor
Daniel Cortezón (Ribadeo, 1927-2009), cultivou a narrativa, o ensaio e o teatro, eido no que desenrolaría a maior parte do seu traballo literario. Entre as súas obras destaca “Os Irmandiños”, ou “Xelmirez ou a gloria de Compostela”, “De la saudade y sus formas”, “Dionisio Gamallo Fierros, Varón de Porcillán”, e no ano 1981 recibiu o Premio Blanco Amor coa obra “A vila asulagada”.
Suso Peña, o primeiro debuxante de cómic profesional de Galicia
Suso Peña (Ribadeo, 1941-2005), mestre autodidacta en case tódalas áreas que abrangue o mundo gráfico:debuxo, ilustración, deseño, fotografía, aínda que sería coñecido máis que nada polo seu traballo como debuxante- e tamén de guionista- de cómic no eido no que acadaría recoñecemento universal, e no que hai que resaltar “El Senado en España (1985)”, coa que se deu a coñecer esta institución.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



