Barreiros, 6 de maio de 2017. Hai uns poucos días saía publicada no BOE a convocatoria dunha praza de administrativa no Concello de Barreiros para cubrir por promoción interna. Desde o BNG sinalan que se ten elixido este método, ao que só poden acceder funcionarias ou funcionarios da Administración Local, a sabendas de que en Barreiros só hai unha persoa que pode presentarse con estas condicións.
O grupo municipal do BNG xa preguntou no pasado pleno a respecto desta cuestión, interpelando ao Alcalde sobre as razóns para optar pola promoción interna en lugar de por unha oposición aberta á que puidera concorrer calquera persoa cos requisitos que se precisen.
A portavoz municipal, Ana Ermida, explica que “en Barreiros só hai tres persoas con prazas de funcionarias e dúas delas teñen un grupo superior ao convocado, polo que só lle pode interesar á persoa que é funcionaria na actualidade como auxiliar administrativa.”
Xa no propio pleno, Ana Ermida sinalou que “é curioso que esa persoa que agora pode ascender de categoría leva xa uns anos acumulando funcións dentro do Concello, incluso en departamentos tan dispares e distantes como turismo, servizos sociais ou tesourería. Non dubidamos das súas capacidades, pero o lóxico sería demostralo nun proceso con concorrencia, porque ser mellor cando se é a única é relativamente sinxelo.”
Desde a formación nacionalista lamentan a elección deste sistema, porque “ademais de amosar ás claras as intencións, impide que se poidan presentar outras persoas de dentro ou fóra do Concello que puideran demostrar a súa preparación e os méritos para ocupar o posto.”
“Parece que o que se está a facer non é garantir o acceso aos postos públicos en condicións de igualdade, mérito e capacidade como sinala a lei e lograr que as prazas sexan cubertas polas persoas mellor preparadas, senón que o que se fai é limitar o acceso e practicamente adiantar os resultados ás probas”, aseguran.
Desde o BNG sinalan que a súa formación cre na igualdade e na capacidade das persoas e os postos de traballo que se pagan con cartos de todas e todos nós deben servir para garantir a mellor preparación das persoas que os ocupan e que isto se traduza na atención e o servizo que reciben as veciñas e veciños.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



