Ribadeo 31-5-17. A foto que hoxe publicamos foi tomada o luns, 29 de Maio, ás 16.20 horas. Os medios de comunicación anuciaban o día 26 que os apartamentos estaban precintados por orde do alcalde. Pero ese suposto precinto deixa pasar coches particulares. Dende o noso ponto de vista o Sr. Alcalde de Ribadeo, ao longo das últimas semanas está chegando a un ponto difícil de explicar: ¿cómo é posible que o Concello de Ribadeo sexa incapaz de executar unha orde de precinto dentro das suas competencias administrativas?, ¿por qué antes si e agora non?, ¿pero non é non, ou é non sei, ou xa veremos?. Preguntas deste tipo escoitanse a cotío nas ruas e nas tertulias. A xente non entende que unha riola de irregularidades denunciadas hai un ano polo noso grupo, e confirmadas polo Defensor del Pueblo, o 16 de febreiro, fosen esquecidas polo concello, que o alcalde se puxese de perfil, que se dese a licencia de obra e que despois se suspendese a licencia de apertura. Tanto as persoas pouco informadas como aquelas mais implicadas nos asuntos sociais, mesmo se estaban “a favor” ou “en contra”, ou se son dun partido ou doutro ou de ningún, manifestan estupor e decepción.
O concello transmite unha sensación de incoherencia que da pe ás mais diversas interpretacións. O 26 de Novembro anunciábase que non se daría a licencia de actividade se Puertos non autorizaba a entrada dos veciños, pero seis meses máis tarde esqueceuse esta condición. No pleno do 23 de marzo o Defensor podía ser “un incompetente”, (Suárez dixit, témolo grabado), dous meses mais tarde consulta ao Defensor: ¿se pode ser un incompetente, porque lle preguntamos nada?. A Autoridade Portuaria do Ministerio de Fomento foi a promotora do Programa Faros de España e a principal inductora dunha chapuza continuada – adxudicación directa incluida -, con flagrantes fallas de procedimento e de informes determinantes – como o confirmou o Defensor -, e o Sr. Alcalde de Ribadeo insiste en pedirlle a Puertos o seu veredicto, ou sexa poñer á raposa a cuidar as galiñas.
Xa dixemos varias veces que este asunto iba traguer cola. Ainda están pendentes os informes do Defensor sobre outras denuncias que presentamos primeiro e ampliamos despois. Sr. Alcalde, a veciñanza pide que se defina, que cumpra a legalidade da que vostede alardea, que se precinte dunha vez unha obra trufada de irregularidades.
Mirando ao faro, alguén lembraba estes días aquel vello cantar:“Onde están as chaves matarile, rile, rile, no fondo do mar matarile, rile, ron”.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



