Viveiro, 6 de xuño de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda acometerá nun prazo máximo de 15 días os traballos de reparación da ponte da Misericordia de Viveiro, coa intervención nun dos tallamares e na varanda de fundición.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ao lugar con técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para coñecer o alcance das obras. Balseiro explicou que se actuará para reintegrar os sillares desprazados nun tallamar, ao tempo que se desenvolven traballos de mantemento e pintado da varanda.
O prazo estimado de execución das obras será dunha semana. Para a reparación do tallamar empregarase unha estada colgante que permita acceder á zona sen afectar ao leito da ría. Por elo, probablemente sexa preciso cortar un dos carrís de circulación para traballar de modo máis eficiente e seguro, tanto para o persoal encargado da obra como para os usuarios da estrada.
O delegado explicou que a Xunta “fai un seguimento continuo desta e doutras infraestruturas, con inspeccións periódicas, de forma que podemos garantir que en ningún caso estivo comprometida a estabilidade ou a seguridade da ponte porque non existe dano estrutural”. Precisamente nos vindeiros días realizarase outra inspección exhaustiva da ponte, incluídas as cimentacións a través de medios acuáticos, no ámbito do programa de inspección e xestión de estruturas e obras de paso da AXI.
En todo caso, engadiu Balseiro, “esta intervención é necesaria para evitar un deterioro maior e recuperar a mellor imaxe da ponte da Misericordia, un elemento de singular relevancia que está incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



