Burela, 7 de xuño de 2017. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha valoración moi positiva das festas patronais que remataron onte. O rexedor burelés destacou a alta participación en todas as actividades, e subliñou a implicación de xente de todas as idades na elaboración da alfombra floral. Llano agradeceu o traballo realizado pola comisión organizadora.
O alcalde burelés manifestou: “soamente podemos dicir cousas boas desta festa porque por un lado houbo bo tempo, había certa preocupación en vista dos partes, pero o venres na actuación de Café Quijano estivo extraordinario, ao igual que o sábado e o domingo”.
Alfredo Llano considera que “foi unha das festas de máis participación popular, houbo unha participación extraordinaria. Hai que ver soamente a cantidade de xente que estaba facendo a alfombra, onde había todo tipo de idades o que quere dicir que existe implicación desde moi novos diante desta responsabilidade de facer unha obra colectiva. Daba gusto ver toda a extensión da alfombra cheo de xente ocupándose de facer as cousas o mellor posible. A alfombra saíu perfecta, e desde logo houbo moito tempo, case dúas horas e media, para poder contemplala antes de que pasara a procesión por enriba dela”.
O rexedor salientou que “houbo moita participación en calquera tipo de actos tanto no porto como na procesión marítima, que tamén estivo moi ben, cun tempo extraordinario, con moitas embarcacións, e repleto de xente voluntariosa e entusiasta, xente do mar que estivo facendo todo o que podía para facer máis vistosa a procesión marítima”.
Llano indicou que “houbo practicamente cero incidentes. Aínda que sempre hai algún, pero con toda a xente que aquí pasou estes días penso que estivo todo de marabilla. Non houbo incidentes especiais de mención, non houbo pelexas, nin grandes cousas polas que poidamos estar preocupados”.
O alcalde engadiu que “a única pena que houbo é que queríamos traer unha actuación para a praza do Concello. Este ano non puido ser, houbo o falecemento do empresario e non puido acudir este ano, pero xa se están facendo as cousas para que o ano que ven estea todo controlado desde un principio”.
Alfredo Llano quixo “darlle a noraboa á comisión de festas, e ao pobo de Burela pola súa participación en todo canto houbo porque participou, colaborou e fixo que esta festa fora para arriba dunha maneira espectacular e agradable para todos. Así que darlle as grazas ao pobo de Burela e dicirlles que a comisión de festas xa está traballando para a edición do ano que ven. Espero que todo vaia moi ben e desde logo moi agradecido por todo canto se fixo estes días aquí no noso concello”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



