1962. Ano pródigo en cultura e deporte locais. O alcalde Pepe Beltrán, querendo sacar partida ás augas da ría, pensou na posibilidade de logralo co piragüismo que podería axeitarse mellor ás condicións naturais da mesma, e con ese fin organizar unha travesía anual. Tivo a intelixencia de involucrar nela a Jacinto Regueira Alonso, árbitro internacional; de grande prestixo no mundo da especialidade; namorado da súa práctica; disposto a realizar canto esforzo e dedicación requerise.Ó longo da vida non coñecimos persoa con tal entusiasmo en faceta algunha; tanta ilusión e entrega por acadar os obxetivos cos que que soñaba.
E conseguíuno, en boa medida, debido á súa reputación no mundo do piragüismo: ascendencia que exercía dende a absoluta modestia, honestidade e altruismo; de contado a cita acadou soa entre os practicantes do litoral norte, e dos clubes fluviais de Asturias e Galicia e Castela/León, procedencia da maior parte dos palistas; declarouse a proba puntuable para o nacional.
Jacinto Regueira chegaba a Foz no coche de líña a véspera da proba, cargando ó lombo con bandeiras, boias, cordas, sinais e demais pertrechos organizativos e aquí o esperaban os numerosos trofeos que ocupaban unha boa parte do seu tempo, pois debía clasificalos e ordealos pola importancia dos mesmos se corresponderan co posto logrado na competición.
A entrega espertaba grande expectación, para a que se instalaba un amplo palco nos xardíns Conde de Fontao diante dunha multitude que os abarrotaba.
Jacinto Regueira, mestre nacional; home de personalidade, puntualidade inglesa; cronómetro e regulamento por bandeira, fora presidente das Federacións Galega e Española;ésta nomeouno vocal do Comité Técnico de Ascensos e Travesias;diploma do Comité Olímpico Internacional polo seu labor a prol do deporte; dirixira competicións e cursiños para árbitros en medio mundo.
El foi alma e corpo do acontecemento que tanto nome díu a Foz no derradeiro medio século que o vindeiro domingo vivirá a súa 55 edición. Todo un récord. O persoeiro singular – non doado de esquencer – finou hai 15 anos(outubro de 2002), na Coruña.
Entre vellos papeis gardamos unha caricatura súa realizada polo debuxante lugués Mouriz, con expresiva dedicatoria do deportista, testemuño da nosa afectuosa relación.
Cando en Foz se fale da historia do piragüismo local, non pode obviarse o nome de Jacinto Regueira; sería imperdoable.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



