Será unha ruta “mañanera”, pois vaise camiñar só pola mañá, para voltar ao mediodía. O destino será O Viveiró (Muras) para facer “O Rego dos Coruxos”, unha preciosa carballeira de montaña, en pleno Xistral. Este rego é o primeiro afluente do río Landro, e o que lle aporta casi a totalidade da auga que trae nestes primeiros pasos dende o seu nacemento.
