En Foz, a 30 de xuño de 2017. Foz, Plataforma de Futuro e o PSdG-PSOE de Foz decidimos conxuntamente presentar unha moción para paralizar as obras na Avda. da Mariña entre o 15 de xullo e o 15 de agosto atendendo así ás numerosas peticións que nos fixeron chegar os comerciantes afectados e veciños e veciñas de Foz.
Estabamos ante unha situación que nos plantexaba varias dúbidas:
¿Por que se cambia a orde das fases do proxecto?
¿Existiron presións dos establecementos afectados polo 2º tramo ante a Xunta de Galicia e esta deu orde de cambiar?
¿Por que se fai unha tala masiva dos magnolios da rúa Xoán Montes senón é para abrila ó trafico cando isto non se contemplaba no proxecto?
Si tiña pensado deixar unha marxe de circulación na Avda. da Mariña, ¿para que necesita a circulación por Xoán Montes?
¿Por que se lle achaca estes cambios ós técnicos si hai un mes eses mesmos técnicos non especificaron nada disto?
Este cambio no proxecto inicial fixo que os comerciantes do tramo afectado por estas obras manifestaran a súa contrariedade e reclamaran unha reunión co Sr. Alcalde para que dera as explicacións pertinentes alegando que “Os negocios locais non somos negocios de segunda, somos lugares tan de servizo como os supermercados”
Nesa reunión o Sr. Alcalde chega con outro plantexamento. Deixar unha marxe da Avda. Da Mariña libre para a circulación, xunto con outras propostas, e comeza as obras na marxe esquerda desta avenida, entre Xoán Montes e o establecemento María Docampo.
O comercio local vese moi perxudicado por todas estas decisións que afectan económicamente ós seus negocios, máxime durante a época estival onde a afluencia de clientes é a máis alta do ano.
Todo isto no fala máis que da improvisación e da arbitriaridade con que está levando o Sr. Alcalde esta obra atendendo a unha serie de intereses, que os veciños e veciñas de Foz non están dispostos a tolerar.
Pois ben, ante esta situación, probocada por unha forma de gobernar do Sr. Alcalde a golpe de improvisación, autoritarismo, arbitriaridade e despótica “Foz, Plataforma de Futuro” decide poñerse en contacto cos outros grupos da oposición, xa que tamén era outra das cousas que solicitaban comerciantes e veciños, unidade para facer forza fronte o equipo de Goberno e levar unha moción conxunta de todos os grupos. PsdG-PSOE aceptou de bo grado e dende un primeiro momento se puxo a a traballar para sacar adiante esta moción, sen condicións previas, atendendo ó interés xeral. Non podemos decir o mesmo do BNG lamentablemente. Puxeron todo tipo de excusas dende un primeiro momento, sen cerrar a porta de todo, pero sen aclarar nada. Tanto FPF como PSdG-PSOE quedamos sorprendidos cando pola súa conta o BNG decide rexistrar na mañá do 29 de xuño día do pleno unha moción de urxencia pola súa conta sen contar con ninguén e tratando de que ninguén se lles puidera adiantar na exposición dunha moción con este contido. Entendimos que non estaban a buscar o interés xeral de veciñanza e comerciantes, o que pretendían é sacar rédito político dun tema do que debería permanecer en todo momento apartado de calquer xogo deste tipo, máxime cando así nolo pediran os afectados e afectadas.
FPF e PSdG deciden continuar e levar a pleno a moción consensuada, porque ante este asunto había que mostrar firmeza e defender os intereses do pobo de Foz, que están por encima de calquer outro.
No pleno preséntase as dúas mocións, unhas mocións como era previsible moi similares, só diferindo no tema das fechas á hora de paralizar as obras. O BNG pretendía unha paralización inmediata e nós en vista do que nos fixeran chegar os comerciantes, debíase dar tempo a que remataran o tramo entre Xoán Montes e María do Campo para que non quedaran as beirarrúas levantadas e os cascotes na rúa, polo que propoñíamos a data do 15 de xullo como inicio dese paro ata o 15 de agosto, por ser estas datas ademáis as de maior afluenza de visitantes.
O voceiro de FPF, Luis Alfonso Sixto, como portavoz da moción conxunta, tratou de facerlle ver ó BNG da necesidade de aparcar as diferenzas, deixar de lado os intereses partidistas e os liderazgos que non viñan ó caso, pedir un receso e sentarse a falar, darlle unha oportunidade ó diálogo e sentarse os tres grupos para presentar esa moción conxunta que nos estaban a solicitar comerciantes e veciñanza.
Finalmente ante a intransixencia do BNG, e buscando sempre o interés xeral do pobo de Foz, da veciñanza, dos comerciantes afectados, decidimos retirar a nosa moción conxunta e apoiar a do BNG facendo unha alegación para que a paralización das obras fose a partir do 15 de xullo ata o 15 de agosto. Non nos podíamos permitir que esta moción non saíse adiante, non podíamos defraudar a toda aquela xente que había depositado en nós a confianza. Deste xeito saíu adiante a moción presentada polo BNG cos votos a favor de FPF e PsdG-PSOE e en contra os votos do PP.
Sabemos que o Sr. Alcalde non cumple as mocións aprobadas en pleno, a súa forma de gobernar autoritaria só e garantía de facer o que lle prace en cada momento, e estamos seguros que vai facer caso omiso e seguir adiante cos seus plans; pero a nós comprácenos que fixemos chegar ó pleno a voz dos comerciantes afectados e da veciñanza de Foz, que é o que máis nos importa, cando se trata de temas de interés xeral que afectan a varios colectivos a a todo un pobo. E para o futuro queda, que sacar tallada política con estes temas nin é a solución a nada nin é o que a cidadanía espera de nós.
Asdo. Luis Alfonso Sixto Legaspi.
Voceiro do Grupo Municipal de FPF no Concello de Foz
Asdo. José María Linares Rodríguez
Voceiro do Grupo Municipal de PsdG-PSOE