Lugo, 3 de xullo de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Tapia Rivera, presentaron este luns no Salon de Actos do Pazo de San Marcos o XXI Campus de Baloncesto, que acolle a cidade mindoniense e no que participan máis de 400 rapaces. O Goberno da Deputación é a unica administración que colabora con esta cita, cunha achega de 6.000 euros, e que se celebra ata o 16 de xullo nas nas diferentes instalacións da localidade.
O Deputado explicou que se trata dunha iniciativa unica que, ademais de promocionar Mondoñedo, contribúe a dinamización social, económica e deportiva desta cidade. Rivera Capón sinalou ademais que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque as administracións públicas debemos apoiar e fomentar o deporte base. Cremos no deporte como un instrumento fundamental para inculcar valores tan importantes na sociedade como o compañeirismo, o esforzo ou a solidariedade, así como ámbito de vida saudable, ademais de ser un motor socioeconómico na provincia”.
Elena Candia agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación con esta iniciativa deportiva coa que se da a coñecer “á nosa cidade”.
XXI Campus de Baloncesto
O XXI Campus de Baloncesto trae a Mondoñedo 400 mozos de entre 8 e os 18 anos toda España, para participar neste evento deportivo que se celebra en dúas quendas: do 1 ao 8 de xullo e do 9 ao 16.
Entre as actividades programadas nesta edición, destacan sesións de adestramento técnico e táctico, que complementarán con exercicios individuais. Ademais, terán clases de inglés, excursións, xornadas de praia e competicións de baloncesto, que se celebrarán en formato 3×3 e two ball. A programación desenvolverase nas instalacións deportivas da cidade de Mondoñedo; dous polideportivos interiores, catro pistas exteriores, unha piscina cuberta e outra fluvial, así como das instalacións do colexio escolar.
En pasadas edicións, este Campus celebrouse noutros Concellos mariñáns como o de Ribadeo e o de Barreiros, ao que acudiron estrelas do baloncesto como Calderón ou David Doblas. Este ano esperase algunha sorpresa.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



