Celeiro 8-7-17. Para o mércores dia 12 de Xullo, as 20,30 horas, está previsto que se celebre na praza do náufrago de Celeiro a misa anual por tódolos falecidos no mar, lembrando a data do acontecimento da galerna do ano 1961 na que se afundiron 3 embarcacións do porto de Celeiro, o Badiola, o Todos los Santos e o Mari Loly Grela, e o Santa Lucia con base en Espasante, cun balance de trinta victimas mortais, dos cales vintenove desapareceron no Cantábrico.
Dende o ano 1995 data en que se inagurou a praza en memoria das xentes do mar, a comisión pro-monumento ao náufrago organiza este acto. A celebración eucarística estará presidida polo párroco de Celeiro D. José Angel Fernández López e armonizada polo grupo Sons de Celeiro.
Este ano así mesmo celébrase en Celeiro o 65 aniversario da nova imaxen da Virxen do Carmen de Celeiro, que surcou a ría no mes de xuño de 1952 a bordo da embarcación A Milagrosa.