Lugo, 12 de xullo de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e outras autoridades, presentou este mércores o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). Fíxoo nun acto presentado polo físico e meteorólogo Martín Barreiro, un profesional da comunicación lucense cunha proxección nacional completamente asentada.
Campos Conde remarcou que “dende xa mesmo, comezamos coa posta en marcha das primeiras accións incluídas dentro deste ambicioso proxecto, ao que destinamos no 2017 unha partida de 400.000 euros. Co 1º Plan Estratéxico de Turismo participativo da provincia desenvolveranse un total de 71 actuacións concretas, coas que buscamos impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible. Entre as actuacións destacan, a creación dun Consello de Turismo provincial e participativo; a posta en marcha dunha páxina web de turismo ou continuar impulsando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade”.
O titular provincial destacou que “como vedes, neste Goberno poñémonos deberes para contribuír dende esta Deputación a impulsar o turismo como un verdadeiro motor económico. E facémolo porque, aínda que non temos as competencias directas no eido turístico, apostamos polo mesmo e cremos nas súas potencialidades para xerar riqueza e emprego na nosa provincia. Como en moitos eidos, non ter as competencias non nos fai mirar cara outro lado porque para este Goberno o primeiro é esta provincia e a súa xente.
“Con todo, nós sós non podemos acadar os resultados que poderíamos ter en Lugo, unha provincia única e cunha grande riqueza. É necesario que as restantes administracións, as que sí teñen as competencias e un orzamento infinitamente maior que o desta Deputación, tamén se poñan os seus deberes. Necesitamos que, cando menos, a Xunta e o Goberno Central faciliten a chegada dos visitantes a Lugo. Porque sen estradas, sen servizos ferroviarios, sen AVE ou sen liñas e autobús, entre outras moitas cuestións, non poderemos facer de Lugo un destino turístico de referencia no país. Temos toda a materia prima para facelo. A implicación de todos nós xa a temos, polo que agardamos que esta se estenda ás principais administración no país”
71 accións a desenvolver
O Presidente explicou que “dende o Goberno da Deputación decidimos impulsar a elaboración deste documento, no que establecemos as liñas e os plans de actuación prioritaria para o impulso do sector turístico ata o 2020, pois somos coñecedores das potencialidades infinitas das que dispón a nosa provincia, e da importancia deste sector para o seu desenvolvemento económico”.
Con este Plan Estratéxico, completamente participativo e aberto; establecéronse 4 eixes, 6 liñas estratéxicas, 14 plans de actuación e 71 accións a impulsar. Algunhas das actividades concretas que avanzou o Presidente son e nas que xa se está a traballar son:
1.Creación dun Consello de Turismo provincial e participativo, que dea voz aos axentes implicados nos 4 xeodestinos (Lugo-Terra Chá, A Mariña, Ribeira Sacra, e Ancares-Courel) para o desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e da promoción conxunta da provincia.
2.Posta en marcha dunha páxina web de turismo, na que se poderán atopar os recursos patrimoniais, naturais e culturais da provincia, así como paquetes gastronómicos, rutas de sendeirismo e escapadas, folletos descargables, recomendacións e información de interese…
3.Posta en marcha un Plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia.
4.Impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, coa creación duns premios provinciais e o deseño dunha ruta gastronómica da provincia.
5.Fomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, a través da creación dunha axenda cultural actualizada das festas e actividades que se realizan no territorio.
6.Apoio á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO.
7.Realización dun estudo de actualización de necesidades das rutas en catamarán na Ribeira Sacra.
8.Proposta de declaración de Ancares-Courel como Destino Turístico Starlight, un distintivo internacional que recoñece a calidade e as óptimas condicións para a observación do ceo e das estrelas.
9.Elaboración dun informe anual das actuacións levadas a cabo pola Deputación no eido do turismo co fin de manter informados aos axentes turísticos e á poboación sobre o estado do desenvolvemento do plan.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



