Nota de Prensa
O BNG concentrarase no sábado 19 ás 11.45hrs.
Veiga fai un chamamento á participación da cidadanía porqué a presión social ten resultados
Celebrarase o sábado 19 ás 11.45hrs.
O BNG demandará cunha concentración na rotonda da Espiñeira a axilización das obras da Autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao, de competencia estatal, e a súa continuación coa VAP San Cibrao-Ferrol de competencia autonómica cuxo remate non é previsíbel, de acordo coas estimacións da Xunta de Galiza, até o 2017.
Os nacionalistas entenden que as iniciativas de impulso institucional promovidas polo BNG xa deron froitos no sentido de forzar ao responsábel de Medio Ambiente e Infraestructuras a axilizar o remate do vieiro entre Ferrol e Vilalba. As declaracións do propio Conselleiro, Agustín Fernández, en relación a ese vial, intentan contrarrestar a presión exercida durante as últimas semanas na demanda dunha axilización nas infraestructuras de conexión no norte galego, dende logo para o BNG o que ten que axilizar o Conselleiro é o tramo San Cibrao-Ferrol que o partido que o sustenta comprometeu para o 2007 e agora atrasa para 2017. Os nacionalistas demandan ao PP no goberno galego e na Xunta que actúe en consecuencia co acordo unánime aprobado polo Congreso dos Deputados e reduza os prazos para o remate das obras.
O BNG entende que a presión social e política debe continuar ao marxe da aprobación de iniciativas institucionais, e volveu demandar o compromiso firme de tódalas organizacións sociais e políticas de cara conseguir o remate desta infraestructura no menor prazo posíbel. Neste sentido faise un chamamento a asistir a esta concentración simbólica que pretende chamar a atención das administracións competentes para que non se tomen a broma o futuro da Mariña e o conxunto do norte galego.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



