Lugo, 17 de xullo de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Xosé Farruco Graña Rama, presentaron este luns nos xardíns do Pazo de San Marcos, o I Festival Tradicional de Ribadeo Seráns Musicais, que organiza a Asociación Cultural Ronqueta e que terá lugar o vindeiro 23 de xullo no parque de San Francisco, de dito municipio. O Goberno da Deputación financia integramente con 8.000 euros este certame musical.
García Porto destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta primeira edición do festival co obxectivo de impulsar a música e o baile tradicional galego, ao tempo que dinamizamos a economía e o turismo da Mariña, pois espérase que participen centos de persoas. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a todos os veciños, programacións musicais de todo tipo de xéneros, como o Festival de Blues, o Lugo Ágora Son ou o MusicAD, estimulando e activando a vida dos nosos municipios, especialmente no rural lugués”.
A programación desta primeira edición do Festival Tradicional de Ribadeo Seráns Musicais contará con pasarrúas por distintos puntos do Concellos de Ribadeo, ata chegar ao parque de San Francisco, onde dará comezo as actuacións musicais da Asociación Amigos da Gaita, A.F. O Arco da Vella, Banda de Gaitas de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, Grupo de Gaitas da EMMeD.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



