A tradición mariñeira da vila, reflíctese en tódalas manifestacións: o seu singular talante ; o carácter paroleiro, extrovertido e amablemente acolledor; a fértil imaxinación e a simpatía, definen a idiosincrasia das xentes afeitas a esculcar afastados horizontes e a vivir no seu contorno a aventura diaria que determina a fraxilidade do individuo ante a inmensa forza da natureza; desafío que moitas veces…. demasiadas veces…, conduce á traxedia.
A mais remota historia focega relaciónanos co mar, e aínda hoxe segue a ser, na versión do mar-turismo, principal protagonista no desenvolvemento eonómico-social, unha vez perdida a súa preponderancia de mar- pesqueiro e de cabotaxe, que mantivo ata mediados do século pasado en que se iniciou a decandencia,ata a desaparición, debido sobre todo ó erro de construir o porto dentro da ría, e non fóra dela, como xa no ano 1936 pedían os mariñeiros “para que Foz sexa un porto con futuro, sen atrancos para a entrada e saída de embarcacións”, decían.
A historia dos pobos non a escriben os cronistas. A éstes quédalles a misión de espallar os feitos, non permitindo que sexan manipulados ou falseados, tentación non infrecuente nesta sociedade. A histora dos pobos escríbena, día a día, os seus homes e mulleres : coas as súas mágoas e ledicias;os traballos e ilusións; as grandezas e miserias que van marcando, no decorrer dos tempos, o vieiro que define ós pobos; en definitiva, o que constitue a esencia do seu ser.
É a de Foz unha historia escrita a golpes do mar das nosas venturas e dos nosos dramas; neste mar das nosas frustracións, temos a maioría dos focegos de nación as orixes, aínda aqueles que a vida nos marcou outros rumbos: a miña aboa era “vendedora” e meu pai mariñeiro, nos tempos heroicos da vela e o remo, e logo navegante que percorreo os mares de medio mundo, e armador de dúas lanchas.
Foz é mar. Os mais vellos papeis referidos á vila falan da dedicación mariñeira dos focenses. Non pode estranar que con tal currículum sintan no seu peito e no corazón un grande amor e devoción pola Patrona, a Virxe do Carme, como amosaron coa asistencia masiva ós actos celebrados os días da festividade e cómo, de forma brillante e sentida, o expresou no seu pregón Suso Castiñeira: de vella e histórica estirpe mariñeira, en tempos tamén él membro activo, soubo trasladar, con humildade, pero con emoción, os sentimentos que emanan da inestable vida do mar; que manterá sempre o seu engado porque, como dixo o poeta francés Beaudalaire, “o home libre sempre amará o mar”
Chegadas estas datas, pásanos pola mente, en fugaz visualización, a película de dramáticos sucesos que encheron de loito a multitude de fogares. A Virxe do Carme é para as xentes do mar, símbolo da esperanza. Por eso a súa festa é a mais expresiva manifestación das devocións colectivas na beiramar.Foz imprégnase dese hálito emocional que emana da figura sublime da Virxe, excelsa Patroa dos mariñeiros. As súas voces entoan a Salve Mariñeira e as rúas cúbrense de atísticas alfombras que requiren o traballo entusiasta de homes, mulleres e rapaces que rivalizan por ofrecer o seu esforzo á Virxe que, trunfante, será paseada por tan fermoso e mol céspede.
A programación festeira remata coa homenaxe ós nosos náufragos, ante o seu monumento, e interpretando a Salve Mariñeira os asistentes que abarrotan o templo parroquial; as voces tremían coa emoción.E tan pouco pode estranar,porque ……….. ¡FOZ É MAR!.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



