Ribadeo, 19 de xullo de 2017. O Partido Popular de Ribadeo propón que as actividades que organiza o Concello se promocionen tamén en español e noutros idiomas, como inglés e francés. O portavoz do PP, Jesús López Penabad, critica que o programa do Ribadeo Indiano estivese só en galego, como ocorre cos demais eventos que organiza o Concello ribadense.
Jesús López Penabad empezou as súas declaracións “felicitando aos organizadores do Ribadeo Indiano, que resultou un éxito de xente pois falan de 40.000 persoas e duns ingresos para Ribadeo de tres millóns de euros, que non é nada desprezable para un fin de semana de xullo. Pero vimos unha deficiencia que nos parece moi importante e que se pode arranxar: é que todo o que se escribiu, tanto o xornal que se fixo para a ocasión como o propio programa do Ribadeo Indiano, estaba única e exclusivamente en galego. Non temos nada en contra deste idioma, no que estou falando, pero se o que pretendemos é traer xente de fóra, como os veciños de Asturias, que nos visitan todos os días e que quizais poidan entender o galego un pouco máis, a xente do País Vasco e doutros lugares, porque pretendemos encher Ribadeo de visitantes, debemos procurar que nos entendan e que poidan ler e comprender o que se pon nos programas de actividades. Parécenos lamentable e unha cerrazón tratar de impoñer algo que debería compartirse co español, co inglés e incluso co francés, se fai falla; en definitiva, hai que facelo no maior número de idiomas posible para que sexa entendible para todos”.
O portavoz do PP engadiu que “é un tema que cremos que se pode arranxar facilmente e que é moi necesario para mellorar”.
Último pleno municipal
López Penabad tamén se referiu ao último pleno da corporación municipal ribadense, celebrado a semana pasada, e comentou que nesa sesión “modificáronse unha serie de taxas para facer obras de pequena entidade coa intención de non gravar en demasía ese tipo de licencias. Para unha obra pequena, por exemplo de 300 euros, había unha taxa mínima de 105 euros; non era lóxico que se ías gastar 300 euros en pintar unha parede teñas que pagar de taxas a terceira parte. Polo tanto o que se fixo foi modificar esas taxas eliminando o mínimo e vaise pagar polo que se estipule na orde pero sempre vai ser menos. O que se intenta é non impedir que se fagan esas melloras nas vivendas polo custe das taxas”.
O voceiro do PP ribadense explicou ademais que “outro punto que tamén nos parece importante foi o aumento da subvención que se lle dá ás festas patronais de Ribadeo, tanto ás de San Roque como ás de Santa María del Campo. Esa axuda pasa de menos de 12.000 euros, que se lles estaba dando, a 25.000 euros. Todos desexamos que sexan un éxito”.
Jesús López Penabad tamén comentou que nesa sesión “houbo un asunto de urxencia por un tema que vai pasar polos xulgados, por unha denuncia sobre unha licenza e despois por parte da Alcaldía tamén quere denunciar por inxurias e calumnias á xente que o denunciou. Neste asunto hai que deixarlle actuar á xustiza e no pleno simplemente se votou a urxencia de tratar este tema e despois a non participación do propio alcalde nese expediente, o cal cremos que é lóxico e razoable, xa que non pode ser xuíz e parte no mesmo tema”.
O portavoz do Partido Popular engadiu que “o capítulo de rogos e preguntas estendeuse bastante e houbo un rifirrafe entre a Alcaldía e o PSOE, mentres que nosoutros tocamos outros temas: eu volvín comentarlle ao señor Vicente Castro a situación na que se atopa o aparcamento municipal da avenida Rosalía de Castro, pero el di que non se lle pode botar asfalto e que se vai dedicar a regar ese lugar. Díxenlle que se vaia preparando para regar mañá, tarde e noite porque aquilo segue nun estado lamentable. A solución que nos dan non me parece axeitada, como se está comprobando todos os días nesa zona de Ribadeo, pero eles teñen o mando e entón fan o que estiman oportuno. Eu creo que hai que buscar outra solución para este tema, porque esa rúa e os arredores seguen sufrindo as consecuencias e Vicente Castro o único que di é que hai que regar o aparcamento. É a única solución que nos dan; para nosoutros non é a acertada, pero mandan eles”.
















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



