A dirección de Frutas Morriña minte sobre a súa ida do concello de Foz e de falta de apoio do goberno local.
Dende o primeiro minuto de que ocorrera o desgraciado incendio eu estiven ao seu lado e sirva como anécdota que fun o primeiro que lles falou da alternativa da nave de Pescados Rubén, en Burela, para que puideran proseguir coa actividade provisionalmente, como así acabaron facendo. Ao día seguinte presenteime co señor Balseiro, delegado da Xunta, para ofrecer a nosa colaboración e asesoramento, dada a gravidade do incendio que colapsou as instalacións.
Houbo ademais varias reunións cos técnicos municipais e o secretario do Concello, unha vez que se nos informou por parte dos seus técnicos de que desexaban volver a levantar a nave, e eles transmitíronlles a imposibilidade legal de reconstruíla posto está en solo rústico e a lei autonómica non o permite, nin en casos de este tipo, por moi inxusto que nos pareza a todos. No seu día, cando construíron a nave en solo rústico e non en solo industrial, asumiron ese risco e desgraciadamente pasou o que nunca pensaron que ía ocorrer, que foi que un incendio destruíu a nave.
Insisto: os técnicos non ven posibilidade algunha coas normas urbanísticas actuais e recoméndaselles neses días ou buscar outra finca no polígono industrial de Foz ou en calquera outro sitio ou esperar á aprobación do novo plan urbanístico, que si lles é favorable. Esa era a alternativa máis viable, pois aprobado o Plan Xeral poderían ter licenza posto que aí si o permite xa que o solo esta proposto como industrial, pero deben esperar á aprobación definitiva. Iso é o que sempre se lles dixo.
Frutas Morriña, unha vez escoitada a decisión dos técnicos, quixo levar a decisión ao lado político e que se tomara ás costas dos técnicos municipais, pero o que sempre se lles deixou moi claro que nunca se tomaría unha decisión contraria á opinión do arquitecto municipal e do secretario do Concello, porque sería un caso grave de prevaricación.
Non contentos solicitaron a miña intermediación para falar coa secretaria xeral de Urbanismo para ver algunha alternativa, reunión que se produciu o mesmo día que a secretaria xeral veu visitar as obras da Avenida da Mariña e que, tal e como se lles comentara no seu momento, foi exactamente a mesma contestación que a dos técnicos municipais de Foz: en solo rústico non pode reconstruírse a nave porque o impide a lei autonómica e deben esperar á aprobación do PXOM ou buscar outro solar. As mesmas explicacións legais que novamente non convencían aos interesados. Son coñecedores, porque llelo dixemos os técnicos e máis eu, de que existen solares no polígono de Foz ao mesmo prezo que compraron en Barreiros; e decidiron facelo alí, algo que respectamos, como non pode ser doutro xeito.
O que non admitimos é a mentira e a vinganza daqueles que, moi mal asesorados, pretende desviar a lexislación urbanística e pedirlle ao alcalde que lles outorgue unha licenza totalmente ilegal, o que, por outro lado, fraco favor lles faría posto que aínda que o alcalde dese as costas aos técnicos municipais sería un documento que non tería validez algunha, posto que as licencias son actos regrados nos que o alcalde non pode influír. E proba diso é que cando se puido dar a licenza de demolición outorgóuselles perfectamente porque era compatible; e cando pediron o informe definitivo, tamén do técnico, corrobora o que digo neste articulo. Entregóuselles o máis rápido posible para que puidesen comprar unha nova finca onde o desexaran. E ese informe, que adxuntamos, constata que Frutas Morriña acusa inxustamente ao alcalde e actúa con moi mala intención sen motivo algún. E novamente, desta vez por escrito, o arquitecto municipal infórmalles que non é posible a reconstrución en solo rústico. Aínda así días despois no seu artigo seguen acusando ao alcalde de ser o culpable de que non podan volver a facer a nave no mesmo solar.
¿Que é o que está levando a Frutas Morriña a difamar contra o alcalde?
Non o sabemos e sorpréndenos a actitude pouco demócrata e respectuosa coa legalidade de Frutas Morriña; e pouco respectuosa co alcalde e co pobo de Foz, que sempre os tratou moi ben e que neste caso se veu traizoado, non sabemos por que motivo.
Polo tanto pedimos a Frutas Morriña que se desculpe co alcalde e co pobo de Foz, porque os motivos de irse deste municipio non son precisamente a falta de axuda do goberno local.
Javier Jorge Castiñeira (alcalde de Foz)
















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



