Foz, 28 de xullo de 2017. O goberno local de Foz envioulle hoxe ao presidente da Deputación de Lugo unha memoria valorada para a obra de mellora do terreo de xogo do Martínez Otero, campo de fútbol onde xoga dende hai máis de 80 anos o Club Deportivo Foz.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “esta obra recolle o levantamento do actual terreo de xogo de herba natural ademais de instalar un sistema de drenaxe e rego automático, que non ten, a mellora da nivelación e novo céspede, seguindo as peticións que nos trasladou hai meses a directiva do CD Foz, encabezada polo seu presidente, José María García Rivera”.
O rexedor focense engadiu: “contamos co apoio garantido do grupo provincial popular, que o propuxo no debate de uso do remanente da Deputación para que o órgano provincial financie integramente esta obra xunto con outras propostas. Con isto trátase de facer xustiza cun club, o CD Foz, que leva moitos anos demandando reformas nun dos estadios máis emblemáticos da Mariña. Hai que recordar que o Concello xa está facendo un esforzo importante financiando integramente a reforma do pavillón polideportivo, con máis de 500.000 euros, a petición do Club Baloncesto Celtas, cando noutros pobos se fixeron pavillóns novos financiados totalmente pola Deputación por valor incluso de millóns de euros”.
Javier Castiñeira manifestou tamén que “con estas dúas obras, a do pavillón e a do novo terreo de xogo do Martínez Otero, que esperemos que se acepte e que se estima que custará uns 165.000 euros, e sumadas á nova piragüeira que se constrúe no porto e que si financia a Deputación, o equipo de goberno entende que CD Foz, CB Celtas e Kayak quedarían ben dotados de instalacións que hai uns anos eran totalmente ruinosas e pouco modernas, polo que se cumpre un dos obxectivos do equipo de goberno local, que é o fomento do deporte traballando arreo a carón dos clubs do noso concello”.
O alcalde rematou agradecendo “a atención do presidente da Deputación, que sabemos que xa foi informado polo CD Foz e que recibirá, como xa o fixo por parte de Elena Candia, o respaldo do grupo popular neste aspecto. Supoñemos que o resto de grupos da oposición tamén o farán. A idea é que esta obra poda realizarse para estar lista antes de comezar a tempada 2018-2019 e que CD Foz dispoña dunhas instalacións modernas e un novo terreo de xogo adaptado á actualidade”.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



