Para participar non se precisa experiencia previa. Os asistentes realizarán movementos armónicos e suaves, acompañados dunha respiración axeitada e consciente para o benestar persoal. O Chikung axuda a fortalecer o corpo físico, mental e emocional. A sesión desenvolverase de 19:00 a 20:30. Será impartido por unha profesora titulada. Ademais o Eido Dourado segue a organizar os laboratorios creativos, que imparte Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica. Desenvólvense os mércores en horario de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. A experiencia está a resultar un éxito neste segundo ano.
