LUGO, 29 de xullo de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación anuncia que presentarán proximamente unha folla de ruta para que o organismo provincial poida abrir as residencias que ten proxectadas na provincia. Deste xeito, segundo este plan, o primeiro centro da terceira idade que entrará en funcionamento será o de Castroverde.
Os populares agardan contar así co apoio do Goberno provincial porque, ademais, este grupo conta con informes que avalan que SUPLUSA pode xestionar estas infraestruturas. Non entendelo así, subliñan, “suporía que Darío Campos censura a propia xestión e decisións de compañeiros como o ex presidente provincial e outros membros que hoxe continúan no goberno”, indican.
“O PP non confunde, o PP ofrece solucións”
Deste xeito, o Partido Popular ofrece unha solución “á parálise na que están sumidos este centros”; unhas instalacións que foron creadas para sacar rédito electoral pero que, debido á mala xestión do Goberno aínda non se comezaron e, as que están rematadas, aínda non puideron abriras súas portas. Tendo en conta esta situación, que pon de relevo a ineficacia dos dirixentes da Deputación, pídenlles “que deixen traballar a quen ofrece solucións”.
“O PP non confunde como di o Sr. Santos, o PP ofrece solucións”. E é que “o único que está a xogar politicamente coas residencias e cos maiores é o Goberno, poñendo atrancos que se estenderon dende cambios na entidade encargada da súa construción, como no seu modelo de xestión e na dotación orzamentaria”. Malia todo, reiteran que “a nosa vontade sempre foi de colaborar para que esta provincia puidese ter estes centros abertos canto antes porque entendemos, remarca, que o prioritario é que os concellos dispoñan deles e os maiores estean ben atendidos”.
Como mostra desta vontade colaboradora, sinalan, son as iniciativas aprobadas no Pleno deste mércores e no de novembro de 2016 cando o Partido Popular presentou a encomenda de xestión a SUPLUSA para a construción e equipamento das residencias de Becerreá, Folgoso do Courel e Portomarín, e que tamén foi aprobada.
Explicacións sobre persoal seleccionado
Os populares seguen mantendo que é necesaria tamén a apertura desas instalacións polas persoas que esperan unha praza, así como polas que foron seleccionadas por SUPLUSA en plena campaña das municipais para traballar nelas. “Non se pode xogar así coas persoas. Nin os centros están abertos, nin os seleccionados, despois de pasar o proceso hai dous anos, saben cando van poder traballar, nin onde”, lamentan.
Por este motivo, e ante unha situación de “continuos atrancos e de dimes e diretes, o Partido Popular porá a disposición do Goberno unha proposta que dea solución a todas estas promesas incumpridas”. O grupo provincial, que dirixe Candia, agarda que Darío Campos estea a altura.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



