Lugo, 4 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este venres a XXI Feira do Libro de Viveiro, que terá lugar nos Xardíns de Noriega Varela, do sábado 12 de agosto ao mércores 16, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, e a representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage.
O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.
García Porto subliñou que “unha vez máis, colaboramos con este tipo de iniciativas que
que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre pequenos e maiores”.
A Deputada de Cultura engadiu que “este ano haberá unha caseta máis que na pasada edición e, ao longo dos cinco días que durará a Feira, pasarán por aquí máis de 35 escritores e personaxes do mundo do libro”.
10 stands con descontos
A XXI Feira do Libro de Viveiro inaugurarase o sábado 12 ás 19:30 horas co pregón infantil a cargo de Andrea Dovale e da escritora Vanesa Santiago. En total, haberá 10 casetas de librerías, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros. Ademais, a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial, e a Fundación TIC, gravará a feira para promover e difundir o evento por toda a provincia.
O horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas, exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.
Tamén haberá un sorteo de 200 exemplares entre todas as persoas que participen no concurso “Elixe aos teus favoritos”, votando o seu libro, escritor e librería preferidos. As librerías participantes son: Libraría Pedreira, Arigató Cartabón, Nobel Burela, Aenea, Cortizas, Gato Neghro, Porta da Vila e Seminario de Estudos Terras de Viveiro.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



