Lugo, 4 de agosto de 2017. O actor e cantante José Manuel Montilla Macarrón, máis coñecido como El Langui, será o protagonista da masterclass que terá lugar o vindeiro luns, 7 de agosto, ás 18:30 nos xardíns do Pazo de San Marcos. Trátase dunha iniciativa incluída dentro da programación en impulso do teatro que o Goberno da Deputación ofrece durante os meses de xullo e agosto, totalmente gratuíto, e dirixido a nenos de entre 7 e 14 anos.
Na actividade que ofrecerá o Langui, aberta a todos os mozos que queiran achegarse, afondarase en aspectos relacionados co teatro e coa música como ferramenta de progreso persoal e emocional. Deste xeito, o Langui contará dende un punto de vista persoas e baseándose nas súas experiencias propias, a importancia que tivo e ten o teatro e a música no seu día a día.
José Manuel Montilla afondará en temas como o acoso ou o bulling que sofren os nenos de hoxe en día, pero que tamén soportou el mesmo durante o longo da súa vida. Deste xeito, contará as súas experiencias persoais para animar aos máis pequenos a non darse nunca por vencido, así como a crer nas potencialidades dun mesmo.
José Manuel Montilla “El Langui”
José Manuel Montilla Macarrón, máis coñecido como El Langui, é un actor e cantante de rap madrileño de 37 anos que se deu a coñecer da man do grupo La Excepción, no ano 2001. Entre os seus traballos discográficos máis coñecidos, destacan ¡En Tu Carrino Paio! ou ¡Cata Cheli!.
No que ao ámbito da actuación se refire, o Langui participou en 2008 no filme El truco del manco, proxecto polo que acadou o Goya ao mellor actor revelación, así como o de mellor canción. Destaca tamén a súa participación en programas de televisión como Buenafuente, ou en series tan recoñecidas como El Chiringuito de Pepe.
Campamento de teatro urbano
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer esta programación para fomentar entre os rapaces as artes escénicas e promover o centro da cidade lucense. Os participantes realizarán durante todo o mes xogos e obradoiros diarios de teatro, caracterización de personaxes, improvisación, vestiario, danza, música e ritmo. Ademais, un actor famoso impartirá unha masterclass aos rapaces durante unha das xornadas.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



