A visita pola mañanciña á praia de Llás, en horas de soidade, constitue unha ledicia que hai que experimentar coa sensibilidade receptiva para poder percibila en toda a dimensión.
É esa primeira hora na que o sol, que sae por leste,derrama os raios aínda dun bermello alaranxado, tinguindo de insólito corido un espazo inmaculado que só se ve alterado polo rítmico acaneo da elegante silueta das lanchas que, pretiño da costa,faenan coas nasas. Un bando de mazaricos, saltaríns e rebuldeiros, precédennos en desfile xubiloso e nos acompañan na primeira camiñada pola beiramar. As ondas morren aos nosos pés e chéganos o acompasado rumor do seu vaivén: escena de idílica beleza que prtendemos absorver, respirando fondamente. .. De súpeto prodúcese o inusitado: ós nosos oídos chegan as doce melodías dunha gaita que soa no areal, ó noso carón: un arrogante gaiteiro lanza ó ar as notas, ledas unhas, tristeiras outras, na soidade da praia de Llás. Os sons sublímanse en marco tan excepcional e veñen á nosa memoria aqueles versos de Curros Enriquez:
“Músico a un tempo e poeta/ algunha fada secreta tiña / con que conmovía;/ pois nunca dunha palleta / saíra tan doce harmonía”.
Impresionado por canto acabamos de vivir abandonamos o areal e de contado voltamos á vulgaridade que a cotío nos ofrece a man depredadora do home, coa danza arrítmica e irracional do cemento que masacra paraxes naturais e panorámicas de singular beleza; rúas franquedas por alturas que rachan con toda harmonía; espazos públicos invadidos polo mostro de formigón e asimetrías de volumes que agreden a proporcionalidade do entorno, ferindo a sensibilidade visual e o mais elemental sentido da estética, en carreira sen tregua cara ao máximo galardón do feísmo.Un panorama desolador, destructor da beleza coa que Natura dotou os nosos eidos.
É por iso que,namentres o destino o permita, voltaremos nas mañanciñas a curarnos destas saudades á praia da nosa nenez; aínda que, acaso, endexamais nos atopemos co gaiteiro de Llás.¡Qué mágoa…!




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



