Tardiña do oito de agosto de 2017, en Mondoñedo, na hora en que sobre as vedrañas pedras mindonienses comeza a barruzar o solpor. O sol vaise espindo de entusiasmos febrís e a tarde dilúese en claroescuros sen que a xente que habita as terrazas pareza interesada no que pasa. Unha néboa branca e delicada, que naceu no mar de mañá cedo, brinca desde o Padornelo a Montedarca por enriba do viaduto de Lindín camiño do Fiouco.
Así, mentres a tarde esmorece, saúdo a J. Pedro Gómez, pintor nacido en Viloalle e residente en Madrid. Pedro convídame, co seu falar calmo de ritmo cadencioso, a visitar o interior do Bar Porriño para amosarme os cadros que alí expón desde o 4 de agosto ata o 15 de setembro. É a primeira vez que presenta a súa obra en Mondoñedo e seguramente, é discreto e non exterioriza tales intimidades, sinta a emoción de quen agasalla ao que máis ama co que máis lle gusta facer. Son en total doce obras nas que predomina a acuarela case sempre delimitada pola mestría do debuxante experto con lápis ou pluma e, por tanto, afeito ao trazo delicado e minucioso.
Entre a obra exposta están, como non podería ser doutra maneira, algúns amados recunchos mindonienses como as fermosas e antigas pontes de pedra de Viloalle e Masma, o Pazo de San Isidro e un escudo do pazo bispal. Outras das obras lévannos por paisaxes, marítimas e terrestres, onde a luz se aseñorea da composición ata o punto de substraernos imaxes e intencións que debemos descubrir ao contemplalas. Noutras obras, o pintor recrea estampas que o impactaron por algunha razón, pola luz ou por algún outro motivo. A recomendación é obvia; non deixen de ver esta exposición se teñen oportunidade de pasar por Mondoñedo nestas datas. Non os vai defraudar.
Unha das obras leva por título “Flor de un día” pois aparece en primeiro plano esa flor chamada así pola brevedade da súa existencia. Unha explosión da natureza que apenas dura 24 horas! Mais nesta obra, ademais da flor da marabilla, hai outra imaxe máis discreta ocupando un aparente segundo plano que nos fai pensar en que esa efémera flor non é máis ca un símbolo, unha metáfora de fugaces e humanas aventuras.
Cada obra da ducia que nos ofrece Pedro Gómez ten como detonante creativo unha historia, unha visión ou experiencia que, unha vez desvelada, nos serve de guía ou pasaporte para introducirnos no imaxinario íntimo do artista. A min gustáronme moito estes cadros cheos de luz que insinúan ou transparentan emocións. Mais, de ter que quedar con algún, quedaría co que nos propón unha visión idealizada de Mondoñedo e que se titula “Amencer”, unha obra na que a cidade co seus arrabaldes se nos amosan como un espellismo, unha ilusión óptica fermosa e atrainte que nos convida a paseala e a gozala. Un alborexar, unha arela que, conta Pedro emocionado, pintou desde un lugar da memoria que non pode precisar.
Cando nos despedimos, as sombras xa tomaron posicións a pé de rúa mentres que a lúa, en plenilunio, reflicte con milimétrica precisión a imaxe do fermoso retrato do Mondoñedo que Pedro Gómez dixo soñar!
©Antonio Reigosa – cronista oficial de Mondoñedo



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



