Cervo, 11 de setembro de 2017.- O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para as actividades da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais que arrincará o vindeiro 2 de outubro.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata o CEIP Cervo Nº1 para facerlles entrega aos pequenos dos manuais que conteñen toda a información relativa ás actividades e o impreso para formalizar a inscrición que debe ser entregada na Casa da Cultura,na Casa do Concello ou na Casa do Mar.
Villares e Soto animaron aos nenos a que formen parte un ano máis das Escolas Deportivas que cada ano gañan adeptos “tendo en conta os máis de 200 usuarios, nenos e maiores, que participaron na pasada edición”.
Soto destacou que a oferta das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo ,que botaron a andar no ano 2007, pretende ser o máis ampla e diversificada posible, ofrecendo múltiples actividades aos usuarios como “skate, BMX, fúbol sala, patinaxe artística, deportes de raqueta – pádel, Tenis, Ping-Pong, Bádminton -, zumba, aeróbic, voleibol -único Concello da contorna que oferta este deporte – ; ou diversos xogos para os máis pequenos, entre outras disciplinas”.
E os adultos poden asistir a ximnasia de mantemento, pilates, aérobic e aero-zumba.
Nesta liña Villares destacou o compromiso do Concello de Cervo co deporte no seu conxunto “porque entendemos que é esencial para o benestar físico e emocional das persoas, en todas as facetas do vida, nas idades temperás, pero tamén nas máis maduras; polo que traballamos para facer unha proposta deportiva ambiciosa e o máis atractiva posible”, creo neste senso –engadiu- “que imos humildemente no bo camiño porque vemos como ano tras ano o proxecto inicial medra e evoluciona grazas a implicación de todos”.
O mércores, 27 de setembro, será a presentación oficial da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais, no Auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
