Lugo, 14 de setembro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente do CB Breogán, Suso Lázare Rincón, e o Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentou este xoves no Pazo de San Marcos o IV Torneo Lugo é Basket, que terá lugar o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de setembro, no Pazo dos Deportes da capital luguesa. Prevese que asistan aos encontros ao longo da fin de semana unhas 4.000 persoas.
O organismo provincial colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón na organización desta cita, que reunirá aos tres equipos galegos da Liga Española de Baloncesto Ouro: o Leyma Basquet Coruña, o Club Ourense Baloncesto e o anfitrión, o Cafés Candelas Breogán, cunha achega de 3.000 euros. A cuarta edición do Torneo Lugo é Basket tamén conta co apoio do Concello de Lugo.
Rivera Capón subliñou que “é unha oportunidade única para que os afeccionados ao deporte da canastra poidan gozar durante a fin de semana dalgúns dos xogadores de referencia da categoría LEB Ouro, reunindo na nosa cidade aos tres equipos galegos da elite do baloncesto nacional. Por iso, quero convidar a todas as persoas a que se acheguen a presenciar os encontros, como antesala do inicio da temporada regular”.
Pola súa parte, Miguel Fernández engadiu que “Lugo é unha cidade, unha provincia que respira baloncesto, contando cunha das mellores afeccións de España, por iso no é de estrañar a grande expectación creada en torno a esta cuarta edición do Torneo. Gracias a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, as tres afeccións galegas da LEB OURO, demostrarán ao mundo do deporte a boa sintonía e confraternidade reinante entre eles. Polo que, dende o Concello de Lugo quero convidar, non só á afección de Lugo, senón á de Ourense e A Coruña, á de toda Galicia, a que veñan gozar dunha fin de semana de bo baloncesto”.
As entradas para presenciar os encontros terán un prezo de 5 euros, e tamén haberá a posibilidade de mercar un bono para os tres encontros por un prezo de 10 euros. Os menores de 11 anos poderán acceder ao Pazo totalmente de balde. As entradas xa se atopan á venta en Élide. Máis información en ajsc_lugo@hotmail.com ou na conta de Twitter @AXSC.
Programa de encontros e actuacións
Venres 15
20:45 horas. Leyma Basquet Coruña – Cafés Candelas Breogán
Sábado 16
19:00 horas. Club Ourense Baloncesto – Leyma Basquet Coruña
Domingo 17
18:00 horas. Cafés Candelas Breogán – Club Ourense Baloncesto
19:45 horas. Entrega de trofeos
O torneo poderase ver por streaming na súa totalidade nunha canle de Youtube que se habilitará para este fin. Ademais, haberá animación con speaker, estatísticas oficiais e actuacións variadas, cos grupos Gravitty e Perkusiona, ambos de Lugo.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
