Burela 19-9-17. Tan só 4 días logo de arrincar a liga de Segunda LNFS, o Pescados Rubén Burela FS terá que encamiñar o rumbo en Copa do Rei, mañá, coa primeira eliminatoria na pista do Ziérbena, de Segunda B (20.00 horas).
O equipo de Juanma Marrube partirá mañá pola mañá para pelexar por seguir dando pasos en Copa. “Sempre supón unha ilusión participar nunha competición distinta, que se sae do habitual da liga. É unha pista complicada, a min xa me coincidiu xogar alí varias veces e sei que vai ser díficil; ten un bo equipo, perderon xogadores con respecto ao ano pasado, pero xa levan dúas xornadas de liga, con dúas vitorias” explicaba unha das caras novas desta tempada, Luisma, sen deixar marxe de confianza: “Témolo que tomar como un partido de liga, como unha proba máis; sen confiarnos porque o rival estea nunha categoría inferior, xa que vai saír a por todas e máis na súa pista”.
A primeira rolda do torneo conta coa entrada de todos os equipos da categoría de prata, salvo os filiais que se medirán aos clasificados de Segunda División ‘B’. Os encontros disputaranse, entre hoxe e mañá, nesta fase da competición a partido único e no campo do conxunto de menor categoría.
Enfrontamentos da primeira rolda da Copa S.M. O Rei:
Cidade de Narón – Noia Portus Apostoli
CDF Zierbana – Pescados Rubén Burela
Guardo FS – Prone Lugo
Castelldefels CCR – Elche CF Sala
FS La Unión Las Palmas – Bisontes Castellón
CFS Fonononos Gomerón – Rivas Futsal
Window ABS Maroxata – Real Betis Futsal
Pío Pío Temisas – Tenerife Iberia Toscal
Unión Africa Ceutí – CD UMA Antequera
FS Talavera – CD Atlético Mengíbar
Pinseque AD – FS Valdepeñas
CFS Colo Colo – Manzanares FS
Leganés FS – FSD Puertollano
FS Cuellar – ITEA Córdoba CF Futsal
Vista Alegre, sábado ás 19.30 horas
A liga centrará o segundo compromiso desta semana para os laranxas este sábado, coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia (19.30 horas) na segunda xornada. “Tocounos un comezo de liga un pouco complicado. Os filiais sempre son equipos nos que a maioría dos xogadores teñen ritmo de competición de Primeira, porque moitos adestran co primeiro equipo” explicaba Luisma, autor do gol laranxa na xornada inaugural, con 2-1 antes FS Valdepeñas: “As sensacións foron positivas salvo polo resultado. O equipo competiu ben, salvo por pequenos detalles, que é sobre o que temos que traballar. O equipo deu a cara ante unha pista difícil e ante un dos que está chamado a estar nos postos altos da clasificación”. O 6 burelista apela á solidez da Bomboneira como unha das referencias do equipo: “Unha das cousas que vai marcar os equipos que estean arriba ou abaixo van ser os partidos da casa. Unha das nosas fortalezas deben ser os encontros en Vista Alegre, coa axuda da afección e do noso traballo” explicaba o pivote, ilusionado co seu debut ligueiro de laranxa no mausoleo mariñán: “Para moitos será o noso primeiro partido de liga defendendo o Pescados Rubén. Esperemos que a xente veña ao pavillón, que nos anime e que xuntos poidamos conseguir os tres primeiros puntos” concluía Luisma.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
