Burela, 20 de setembro de 2017. Seguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade, que organizou a Concellería de Medio Ambiente. Hoxe o alumnado de 4º de primaria do CEIP Virxe do Carme foron Andando ao colexio. Ás 13:10 horas as monitoras de Gaia impartirán unha charla sobre Emisións de CO2, cos alumnos de 1º de ESO do IES Monte Castelo. Xa pola tarde de 17:30 a 19:30 horas seguirá o circuíto de educación vial na praza do Concello. O xoves, a charla sobre Emisións de CO2 de Gaia será pronunciada no IES Perdouro para os alumnos e alumnas de 1º da ESO. E ás 18:30 horas terá lugar o taller Un can, un amigo. Será impartido no salón de plenos do Concello pola Clínica Veterinaria A Marosa.
Cos IES Monte Castelo e Perdouro, en concreto con 4º da ESO, houbo onte un taller impartido pola Asociación Stop Accidentes. “Con dito taller pretendeuse crear conciencia nos rapaces de que só se vive unha vez, e polo tanto temos que tomar decisións que afectarán á nosa vida de xeito transcendental. Subir nun vehículo que conduce alguén que inxeriu alcol, cruzar a rúa sen mirar, falar co móbil mentres conducimos, non levar o casco, e un sinfín máis de accións poden cambiar a nosa vida, a das nosas familias, e a das persoas que se cruzan no noso camiño. Sempre coa finalidade de que deixen de pensar que a mala sorte é a causante dos accidentes de tráfico, xa que non depende da sorte, senón das decisións que tomamos nun momento determinado. Intentamos que se decaten de que a gran maioría dos accidentes de tráficos pódense evitar”, explican as monitoras de Gaia do Concello burelés.
Os alumnos de 4º de Primaria do CEIP Vista Alegre participaron na actividade Andando ao colexio, todo un clásico na Semana da Mobilidade, “que consiste en baixar do cole ao Concello andando, fixándonos nos pasos de peóns, saídas de garaxes, semáforos… E logo no Concello reciben unha pequena formación de Seguridade Vial por parte de membros da Policía Local de Burela (como debemos circular cando somos peóns, ciclistas ou cando imos nun coche). Seguidamente visitamos as instalacións do Concello e volvemos andando ao colexio”, engaden desde Gaia.
E na tarde do martes, houbo na praza do Concello un circuíto de educación vial móbil, co que os rapaces dende as 17:30 ata as 19:30 puideron conducir karts a pedais e bicicletas, un xeito moi práctico de aprender as normas máis básicas para cando se circula pola estrada (sinais verticais, semáforos, sinais horizontais, rotonda…).

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



