O Valadouro 20-9-17. Dende que se formara no ano 2012, Trípode leva representado polos escenarios un total de catro obras: “Curso de primeiros auxilios”, “Xuízo anticorrupción”, “Apedreando” e “A panxoliña máis fermosa”. Trátase dun grupo formado por Alberto Níñez, Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e Pepe Peinó, que súas tres primeiras obras actuaron sos, pero que na cuarta foron acompañados por outros actores: Santiago Quirós, Raquel Amieiro, Susi Paz, Sandra Amieiro, Mónica Díaz, Leni Níñez, José Ramón Vila, Matías Nicieza, Juan García.
O pasado sábado día 16 o Grupo Trípode participou no Xuízo a Touriñán que se organizou co gallo da celebración dun partido benéfico na parroquia de Santaballa, en Vilalba, no que José Ramón Vila (Xuíz) e Pepe Peinó (Policía) atrevéronse a someter a xuízo ós mesmísimos Touriñán e Marcos Pereiro.
A nova obra, “Cousas de vellos” promete ser aínda máis simpática cás anteriores. Xa foi representada anteriormente en dúas ocasións, con motivo da presentación do libro de Pepe Peinó “Vinte obras de teatro afeccionado”, en Trabada e A Pontenova, pero agora prepárana os tres actores fundadores de Trípode: Alberto Níñez, Cachín e Peinó. A obra é moi axeitada para ser representada no máis puro estilo de Trípode, en lugares pequenos como comunidades de veciños, cafetarías, residencias da terceira idade, etc. A estrea terá lugar o vindeiro domingo, día 24, nun cursiño de persoas da terceira idade que se celebra en Ribadeo.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



