Lugo, 21 de setembro 2017. O deputado provincial do BNG, Xosé Ferreiro, anunciou que levará unha proposta ao Pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo para instar á Xunta de galiza a aportar as cantidades necesarias para equiparar os salarios dos bombeiros de lugo cos que traballan nos parques da provincia de Ourense. O BNG levará esta proposta por vía de urxencia para non alongar máis no tempo a situación de inestabilidade e conflitividade existente nos parques comarcais que esta discriminación salarial está a producir, situación que pode mesmamente chegar a afectar dun xeito grave á calidade do servizo que prestan á cidadanía.
Segundo Ferreiro “resulta para todos e todas coñecida a discriminación salarial que está a sufrir o persoal dos parques comarcais de bombeiros da provincia de Lugo, discriminación que se produce neste momento fundamentalmente por parte da Xunta de Galicia e exclusivamente polo feito de traballar na provincia de Lugo” e engadiu “non deixa lugar á dúbidas, dado que as condicións de traballo, e ata empresa concesionaria, son exactamente as mesmas que as de outros compañeiros aos que de forma xusta se lles incrementou o salario neste mesmo ano”.
Dentro da proposta do BNG pedirase que, de forma subsidiaria, e mentres esta situación non se corrixe, se fagan os trámites necesarios para incorporar aos salarios dos traballadores e traballadoras dos parques de Lugo a parte que xa ten aprobada a Deputación de Lugo para esta equiparación, incorporación que terá que facerse con efecto retroactivo a 1 de xaneiro de 2017. “Polo menos os traballadores verán incrementada, de xeito inmediata, a súa nómina mentres a Xunta de Galiza non da os pasos necesarios para a xusta equiparación salarial” afirmou Ferreiro.
O voceiro do BNG engadiu que “é sobradamente coñecida a boa disposición da Deputación de Lugo a poñer a disposición do Consorcio os fondos necesarios que lle correspondía aportar para proceder a esa equiparación salarial, predisposición que se concretou na aprobación nos orzamentos xerais da Deputación as partidas necesarias a tal efecto grazas ao traballo do BNG”.
Outro punto da proposta do BNG vai dirixido a que o Pleno deste Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo inste á Xunta de Galicia a poñer a disposición deste consorcio as cantidades económicas que lle corresponden e sexan necesarias para proceder á equiparación salarial dos traballadores deste Consorcio cos que fan este mesmo traballo nos parques de bombeiros da provincia de Ourense.

















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



