Lourenzá 23-9-17. Coa presentación a cargo do periodista Anxo Rivas e coa actuación do artista Pablo Trasno, un dos referentes do Novo Circo Galego comenzou a Gala dos Premios do Concello de Lourenzá ó Deporte dos méritos dos deportistas da pasada temporada 2016/2017.
Estiveron presentes, entre outros. a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, así como os concelleiros Franciso Dasilva, Mercedes Dengra e Miguel Castrillón.
Ó final da entrega de premios, recibiu un especial recoñecemento José Manuel “A Pega” á traxectoria deportiva como gran deportista e mellor ciclista.
Os premiados por orden de entrada foron:
a)- CLUBE: ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ.
SECCIÓN: BASKET
EQUIPO BASKET INFANTIL: SUBCAMPIÓN PROVINCIAL DE LIGA PROVINCIAL.
SECCIÓN F. SALA – FÚTBOL:
EQUIPO PREBENXAMÍN:CAMPIÓN LIGA. SUBCAMPIÓN COPA. 3º PROVINCIAL DE F. SALA
EQUIPO BENXAMÍN: SUCAMPIÓN LIGA, SUBCAMPIÓN COPA PROVINCIAL
EQUIPO ALEVÍN: CAMPIÓN LIGA. SUBCAPIÓN COPA. SUBCAMPIÓN PROVINCIAL F. SALA
EQUIPO INFANTIL: NEREA LOMBARDERO REIMONDO
(a única nena participante nesta liga)
EQUIPO XUVENIL: título individual da gran temporada realizadada:
JULIO PRADO LÓPEZ
EQUIPO AFICIONADO:
IVÁN RECALDE DOCAMPO: Máximo Goleador de liga
LUCAS BOUSO GONZÁLEZ: traxectoria deportiva
SECCIÓN PORTEIROS.
Á traxectoria deportiva a ADRIÁN CABALEIRO RIVAS
SECCIÓN Patinaxe:
Equipo subcampión provincial.
SECCIÓN Atletismo:
Pista:
Ainara Rguez. Campiona Galega Milla. Subcampiona galega 300 lisos pista cuberta cadete. Participación Cto. España aire libre e pista cuberta.
Fernando Vallines Fdez. Bronce infantil en peso autonômico aire libre
Iria Rguez. Ares: Sucampiona galega de 1000 lisos alevín aire libre. Subcampiona Galega Milla en ruta. Bronce Galego Campo a Través.
Carlos Docampo Iglesia. Campión galego salto altura aire libre e pista cuberta
Mariña Salvatierra Otero. Bronce 1000 lisos autonómico pista cuberta
Manuel Rguez. García. Bronce 2000 lisos Pista cuberta infantil
David Martínez Janeiro: Bronce salto altura Galego pista cuberta alevín
Carmen García Vázquez: Bronce salto altura alevín Galego aire libre
Genito Pérez Goás: Bronce salto de altura autonômico xuvenil.
Trail:
Xana Rguez.(Campiona galega cadete de montaña)
Cristian Piñeiro (Sucampión galego cadete de montaña)
Carmen López Diniz(líder da copa galega de montaña Junior)
DUATLON
Henar Méndez Piñeiro. 10º autonómica Tomiño. Bronce Provincial. Subcampiona comarcal.
Campo a través:
EQUIPO ALEVÍN FEMININO:. Subcampionas galegas de campo a través.
B)- CLUBE: CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ.
Individual:
Marcos Rguez. Ouro 3000 m35 pista cuberta. Prata Vet A Cros
Marisa Ares. Ouro 400 m35 pista cuberta. Prat 200 M-35 p. cuberta. Bronce 50 M-35 p. cuberta. Prata VetA cros.
Loli Piñeiro. Prata 800 e 400 M-35p. cuberta. Bronce 1500 M-35 p. cuberta. Campiona cros . Prata 400 m35 pista aire libre. Bronce 100 m35 aire libre. Bronce 800 m35 aire libre.
Oscar Buján. Ouro Senior cros a Mariña. Subcampión Absoluto cros.
Juan Méndez. Prata 400 m-35 aire libre
Equipos:
Equipo Masculino campión cros comarcal a mariña lucense
Equipo Feminino campión cros comarcal a mariña lucense





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
