Santiago, 27 de setembro de 2017.- A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, presentou hoxe en Santiago a primeira edición dos premios Economía Azul, un recoñecemento aos mellores proxectos sustentables das zonas pesqueiras de Galicia postos en marcha no marco da convocatoria de 2016 das axudas para iniciativas dos grupos de acción local do sector pesqueiro.
A directora xeral explicou que estes premios van dirixidos aos promotores de proxectos subvencionados ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). Ademais sinalou que, a través deles, a Consellería do Mar busca visibilizar o traballo destes grupos nas zonas pesqueiras e motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos.
En canto á elección dos proxectos gañadores, Susana Rodríguez, expuxo que haberá unha votación pública na que, a partir do 2 de outubro, poderá participar a xente que o desexe a través da páxina web https://galp.xunta.gal/. Cada persoa poderá votar a un proxecto dos finalistas en cada unha das 4 categorías ata o 22 de outubro e en cada categoría premiarase o proxecto que reciba máis votos. Os premiados anunciaranse o día 27 de outubro, nunha gala que se celebrará na Cidade da Cultura. Os galardóns non teñen dotación económica, pero supoñen un recoñecemento público para os proxectos destacados en cada unha das categorías.
En canto ao procedemento de selección das iniciativas gañadoras, a directora xeral trasladou que se recoñecerán os mellores proxectos nas categorías de apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego no sector pesqueiro e marítimo, diversificación e desenvolvemento social e innovación local.
A categoría de apoio á pesca costeira artesanal (incluído o marisqueo a pé) inclúe aqueles proxectos que aborden, entre outros aspectos, novas canles de comercialización, o aumento do valor dos produtos pesqueiros, a revalorización das especies menos coñecidas, a oferta de produtos de proximidade e tamén solucións para promover o uso dos descartes.
Na área de creación de emprego valóranse aqueles proxectos que estimulen a economía das zonas pesqueiras, reforcen o seu atractivo desenvolvendo servizos de alta calidade, capaciten ás persoas e promovan o emprendemento no sector pesqueiro ou marítimo. Na categoría de diversificación avalíanse novas actividades no sector pesqueiro e marítimo, a ligazón do turismo e o sector pesqueiro, diversificación pesqueira cara o turismo pesqueiro, e o fomento e aproveitamento do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro.
Por último, na de innovación local considéranse as iniciativas que redunden en novas ideas na zona e novas formas de pensar e de facer. A innovación pode referirse a novos mercados, produtos, servizos, métodos de organización e a innovación social.
Finalistas
Susana Rodríguez tamén explicou que os proxectos finalistas foron seleccionados durante a primeira semana de setembro por unha comisión da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, que escolleu 3 proxectos por cada categoría entre as propostas presentadas polos GALP.
Ademais expuxo que os criterios desta selección están determinados polos beneficios que os proxectos son capaces de xerar para o sector pesqueiro. É dicir, pola súa contribución á creación de emprego nas zonas pesqueiras, ao reforzo da identidade, á cultura e ao patrimonio local da zona pesqueira. Tamén polos elementos innovadores no contexto local e a creación de oportunidades para mulleres e mozos/as no sector pesqueiro ou marítimo.
Os finalistas desta primeira edición son:
Ao premio para o mellor proxecto de Apoio á pesca costeira artesanal
1/ Proxecto de cooperación entre os GALP de Arousa, Pontevedra e Vigo para a ‘Mellora da Gobernanza da Xestión Pesqueira Artesanal no ámbito do Parque Nacional Illas Atlánticas’.
2/ Proxecto ‘DESCARPESC’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ Proxecto ‘XESMAR’ (GALP Ría de Arousa).
Ao premio para o mellor proxecto de creación de emprego:
1/ Proxecto ‘EMPENDEMAR’ (GALP Ría de Arousa).
2/ Proxecto para desenvolver unha ‘Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ ‘O Semáforo de Fisterra’ (GALP Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia).
Ao Premio para o mellor proxecto de diversificación
1/ ‘Turismo industrial na Costa da Morte’ (GALP Costa da Morte).
2/ ‘Lonxanatur’ (GALP Ría de Arousa).
3/ ‘Nigrán, Mar de Sabores’ (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
Ao Premio para o Mellor Proxecto de Innovación local
1/ ‘Fabricación, distribución e venda de Bombóns do Mar’ (GALP A Mariña-Ortegal).
2/ Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
3/ Mellora da rede de varamentos 2016, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



