Lugo, 1 de outubro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a modificación do mapa sanitario busca consolidar o actual modelo de xestión integrada provincial e, polo tanto, garante que os hospitais de Lemos e da Mariña “teñan máis servizos e máis próximos aos cidadáns”.
“Queremos consolidar unha fórmula que funciona, que está pensada en favorecer ao paciente e que, por exemplo, permitiu dotar de oncoloxía aos hospitais de Burela e Monforte e atender a 5.000 pacientes de cancro ou prestar 22.000 tratamentos a pacientes destas comarcas que antes estaban obrigados a desprazarse ata Lugo ou ata a Coruña”-explicou
O representante do Executivo galego na provincia insiste en que lonxe do que se está a transmitir por algunhas plataformas e partidos políticos da oposición, este o principal obxectivo da reforma sanitaria é que os hospitais do norte e do sur da provincia podan seguir gañando en servizos de proximidade e evitando derivacións.
Balseiro tamén aclara que coa reforma da Lei de Saúde non desaparecerá as áreas sanitarias de Monforte ou da Mariña, se non que transforman cada unha delas en distrito sanitario, o que permite blindar por lei a permanencia e actividade dos respectivos hospitais. “A norma establece de xeito taxativo que non poderá existir un distrito sanitario se non ten un hospital próximo de referencia, neste caso os da Costa e o de Lemos”
O delegado territorial insistiu tamén que lonxe da imaxe catastrofista que determinados sectores están intentando transmitir do funcionamento dos centros hospitalarios das comarcas sur e norte da provincia, “a percepción cidadá é distinta”, como poden comprobar todos os usuarios que maioritariamente teñen unha boa valoración do funcionamento da sanidade pública, grazas sobre todo á implicación e traballo de todo o persoal sanitario de ambos centros.
Hospitalización a domicilio
Amais, Balseiro lembra que nas últimas lexislaturas ambos hospitais foron quen de poñer en marcha novos servizos como os de hospitalización a domicilio ou a sala de tratamentos de quimioterapia, reforzar os seus equipamentos tecnolóxicos con, por exemplo, novos ecógrafos e, no caso da Mariña, incluso compaxinar a súa actividade ordinaria coa obra de ampliación e remodelación ou coa estrea dunha segunda sala de endoscopias.



















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



