Lourenzá 4-10-17. Con moitos nervios presentáronse este martes os prebenxamíns e pitufos, posto que moitos deles participan por 1ª vez nas escolas.
Nun acto presidido polo noso Presidente Pablo Maseda e logo dunha breve charla coas familias, tivo lugar a foto oficial de comenzo da temporada así como a presentación de Adrián Huertas como novo adestrador.
Ademais contouse con Jorge Rivas Dasilva que se une ó elenco de patrocinadores do club.
O equipo adestrará no pavillón municipal os mércores de 16,20 a 18,00 horas así como os martes de 15,20 a 16,20.
