Cervo, 4 de outubro de 2017.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, e logo de realizar diversas xestións cos responsables de diferentes fundacións da Universidade Galega, ampliará as bolsas de formación xuvenil ata os 18 meses; conseguindo prolongar así no tempo a estadía dos mozos e mozas que están a desenvolver a súa aprendizaxe práctica remunerada nos diferentes campos e departamentos da Administración Local, e que ata o de agora só se podían beneficiar deste plan durante un ano como máximo, “co fin así de dilatar a súa relación co mundo laboral real e reforzar a súa aprendizaxe; para que adquiran as máximas competencias para enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente”.
O rexedor, Alfonso Villares, destacou que a experiencia do Concello de Cervo con este programa resultou dende o primeiro momento máis que enriquecedora e fructífera, entendemos que para todas as partes implicadas, xa que “lles podemos ofrecer aos rapaces unha primeira oportunidade nunha contorna laboral real, e, ao tempo que completan a súa formación, eles tamén nos brindan un importante reforzo en moitos dos departamentos do Concello, contribuíndo así tamén a mellorar a calidade dos servizos que prestamos aos nosos veciños polo que entendemos, e así lle lo trasmitimos tamén a eles, que a súa aportación está a ser fundamental; dende o ano 2013 que decidimos poñer en marcha esta inciativa, en colaboración coa Universidade Galega”.
Villares tamén apuntou que estas bolsas de formación tamén agardamos que sexan un incentivo para a xuventude do noso Concello; e unha motivación para que se formen; “tendo en conta que aquí lles podemos ofrecer esa primeira toma de contacto co mundo laboral; no que poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a súa carreira ou curso de FP e desenvolver a súa habilidades”.
Ata o día de hoxe foron 74 os rapaces e rapazas os que recibiron formación práctica remunerada nos diferentes departamentos do Concello, como son a sección de informática, intervención, tesourería, contabilidade, secretaría, medio ambiente, turismo, educación para a saúde, servizos sociais, policía local, no departamento de persoal, na Escola Infantil ou no departamento de obras, entre outras.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



