Lugo, 4 de outubro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez e o Presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro Rodríguez, presentaron este mércores, nas pistas de tenis de Frigsa, o Foro do tenis. Trátase do coloquio, totalmente gratuíto, que organiza a Federación Galega de tenis co único apoio económico dos Gobernos de Deputación e Concello de Lugo, que achegan 3.500 euros. Reunirá a destacados xogadores, adestradores, médicos ou presidentes de federacións e clubs de tenis de talla nacional e internacional. O foro terá lugar o vindeiro 14 de outubro no Salón de Actos de San Marcos, e xornada práctica de tarde, nas instalacións do Club Deportivo D10. No acto, tamén participaron o Director do Club Deportivo D10, Leovigildo Real, que ceden as instalacións deportivas; e o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez, única administración que non colabora coa cita.
Os interesados en participar poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou no 986 21 29 82. O prazo para inscribirse está aberto ata o 10 de outubro. O número de prazas é de 165.
Rivera Capón agradeceu a colaboración da Federación Galega de Tenis para poder organizar esta xornada e destacou que “é un privilexio poder contar a vindeira fin de semana na nosa provincia, concretamente na capital luguesa, con profesionais do panorama nacional e internacional no eido do tenis, ademais de ser unha oportunidade única, para todos os afeccionados a este deporte, de poder escoitar as experiencias, coñecementos e opinións de voces autorizadas, que conseguiron grandes logros no mundo tenístico”.
O Deputado de Deportes subliñou “que esta actividade enmárcase na aposta do Executivo Provincial por fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte, ao tempo que impulsamos valores tan importantes na cidadanía como o compañeirismo, a solidariedade ou a competitividade, que abanderan e defenden todas estas personalidades que participarán no foro”.
Pola súa parte, Fernández Méndez felicitou á Deputación e á Federación Galega por organizar esta xornada e lembrou que “o Concello de Lugo apoia e impulsa este deporte na cidade, por iso, as pistas de tenis municipais están abertas a todo tipo de xogadores, xa sexan profesionais ou afeccionados. Esperamos que este encontro de profesionais do mundo do tenis sexa un éxito, e deste xeito, poidamos celebrar moitos máis en Lugo”.
Foro do tenis galego
Esta xornada, organizada pola Federación Galega de Tenis co apoio da Deputación e do Concello de Lugo, contará coa presenza dos ex xogadores profesionais Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario, o lucense Óscar Burrieza ou o Xefe dos servizos médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro, entre outros moitos profesionais deste deporte.
Programación de actividades
O Foro do tenis galego comezará no Salón de Actos da Deputación de Lugo cun horario de:
10:15 horas: Inauguración oficial e apertura do Foro tenístico.
10:30 horas: Modelos de xestión de clubs e federacións. Moderadas por Pailo Alonso Lois, xefe de deportes de La Voz de Galicia. Participarán:
– Presidente do Club Atlético Montemar de Alicante, José Pedro García Fernández
– Ex Presidente da Federación Navarra de Tenis, Mikel Aguirre
– Presidente do Sporting Club Casino Coruña, Juan José Medín Guyatt
– Presidente da Federación Riojana de Tenis, José Luis Térroba Gutiérrez
– Secretario da Federación Navarra de Tenis, Álvaro Sexmilo Ayesa
– Ex xogador e Presidente do Club Tenis Pontevedra, Ricardo Domínguez Munaiz
– Ex Secretario xeral Real Federación Española de Tenis, Antonio Jordá
12:00 horas: Descanso.
12:30 horas: Desenvolvemento da carreira dun xogador profesional. Participarán:
– Ex xogador profesional, Alberto Berasategui
– Ex xogador profesional, Javier Sánchez Vicario
– Xefe dos servicios médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro
– Fisioterapeuta do equipo español de Copa Davis, Luis Badal Ibañez
– Ex xogador profesional, Óscar Burrieza López
Xa pola tarde, terá lugar a parte práctica do foro no Club Deportivo D10, no Concello de Outeiro de Rei, cun horario de:
17:00 horas: Actividade práctica desenvolvida pola dirección deportiva da Federación Galega de Tenis.
18:30 horas: Actividades e charla a realizar pola ONG TennisAid.



















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
