Ribadeo, 4 de outubro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a finais de ano estea rematada a subestación eléctrica de Ribadeo e as obras de mellora na rede de máis de 6 quilómetros de vello cableado na vila. Deste asunto falou cos responsables da compañía responsable do servizo tras os últimos micro cortes de luz que se produciron nas últimas horas e que orixinaron queixas de veciñ@s e empresari@s.
O rexedor dixo que “en relación con esta situación de queixa por estes cortes no subministro eléctrico que habitualmente se veñen producindo en Ribadeo e que xeran moitas queixas entre a veciñanza en xeral e entre o pequeno comercio en particular, eu agardo que de aquí en adiante e a curto prazo sexan boas novas as que vaiamos tendo, que vaian encamiñadas a resolver todas estas incidencias que sufrimos “.
Suárez Barcia explicou que “digo isto porque despois de estar falando cos responsables da compañía eléctrica e no que ten que ver coa construción da subestación eléctrica e co grao de execución desta obra tan importante, despois de salvar as cuestións xudiciais que tivo o proxecto paralizado durante varios anos e que as obras foron reanudadas hai uns meses, é polo que se me indica por parte da compañía eléctrica que a previsión de remate das mesmas, que ía ter lugar a primeiros do 2018, quizais se poida anticipar a finais deste ano xa que os traballos avanzan con maior rapidez da programada inicialmente. E iso, segundo os responsables da compañía eléctrica, o de que Ribadeo dispoña dunha subestación, que ata agora nunca na súa historia tivo, vai resolver de maneira moi importante toda esta problemática”.
O alcalde ribadense engadiu que “por outra banda, tamén me gustaría dicir que a xunta de goberno municipal autorizou varias licencias de obras, que presentou a compañía eléctrica para a renovación e reforzo das instalacións de cableado eléctrico de media tensión no ámbito urbano fundamentalmente. Estas actuacións teñen como misión a substitución de vellos cableados nunha lonxitude aproximada duns seis quilómetros e medio por diversas rúas da nosa vila. Esa rede de vello cableado tamén deu moitas veces nestes últimos tempos a importantes problemas de apagóns, etc. Como agora xa dispoñen de autorización municipal confiamos que se inicien axiña estas obras e o resultado poida estar realizado a finais deste 2017”.
Suárez Barcia manifestou: “expreso un desexo, a ver si por fin podemos empezar a ver a luz ao final do túnel, que ven moi acaído para o momento, e ver que esta problemática eléctrica padecida ao longo destes anos se lle pon fin dunha vez por toda. Confiamos que sexa así”.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



