A delegación, que está na Avenida de Álvaro Cunqueiro, número 25 acaba de reabrir con nova dirección, a cargo de Maite López Rego. Na oficina tamén traballa Lorena Seivane García, como xestora de clientes.
Maite López Rego, natural e veciña de Cangas de Foz, leva 15 anos traballando en Seguros Mapfre, labor que desempeñaba ata hai uns meses na delegación desta aseguradora en Burela. A oficina de Mapfre en Foz está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Os teléfonos de atención aos clientes son o 982.132.152 e o 619.24.96.60 e tamén poden contactar a través do correo electrónico lopemt@mapfre.com.






















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



