O Ies San Rosendo de Mondoñedo, está a participar no proxecto Erasmus +” Thinking Allowed- teenage students have their say on human rights”. A directora do centro, María José Cuesta, viaxarà a vindeira semana a Avellino, Nápoles, para a primeira reunión. Xunto cos centros asociados de Italia, Grecia, Francia e Rumania, establecerán as liñas de traballo para os dous anos de duración do proxecto.




















Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.



