Galicia, 4 de novembro de 2017. Este venres e na histórica Vila de Ribadavia celebrabase o acto público de integración de Vía Nova en Compromiso por Galicia, de este xeito a dirección de Compromiso da pasos en cumprimento do mandato congresual de ir sumando sensisbilidades galeguistas a CxG. O Acto foi na emblemática Praza da Magdalena, eceario de moitas accións notables da historía de Galicia, resistencia á invasión inglesa e integración do pobo xudeo. No acto participaron: Manuel Vázquez portavoz de CxG no Concello de Ribadavia, Eladio Fernández Presidente de Vía Nova e Piñeiro Docampo Secretario Xeral de CxG. Máis de 50 galguistas estiveron presentes no acto, do que sinalamos as seguintes intervencións:
Manuel Vázquez: “Como Secretario Local de CxG en Ribadavia, dou ánimo as novas incorporacións e coido que as eleccións de 2019 teñen que ser as de Compromiso, polo traballo serio que facemos nas corporacións donde estamos”
Eladio Ferández: “ Estou encantado e feliz de integrar o proxecto de CxG, que defende os dereitos dos galegos e galegas dentro da construcción de Europa, que vai defender uns dereitos e unha calidade de vida para os residentes de Galicia, no que Ouresne vai ter unha forza importante”
Piñeiro Docampo: “Compromiso é a ferramenta precisa e necesaria para devolver a Galicia a dignidade roubada, para falar de Galicia como Nai e Señora. Defendendo o noso e trabalalndo en conxunto cun Estado integrador e unha Europa dos Pobos donde a Xente e o que importa” “non falamos de ningún Partido, porque o que nos importa é Galicia e ter un proxecto que seña o reflexo da sociedade Galega: plurar, aberta e dialogante, prácticamos o Sentidiño que é a vía galega”
Está é unha aposta forte na expansión do proxecto de CxG que vai constituir as agrupacións de Punxín, Amoreiro e San Amaro. Traballando día a día no País sen tutelas e con pés na Terra.


















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



