Lugo, 6 de novembro de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, presentou este luns a actuación musical de Lucus Ensemble que terá lugar o vindeiro sábado 11, a partir das 19:00 horas, na Casa da Cultura do concello mariñán. O Goberno da Deputación fai posible a celebración desta actividade grazas a unha achega de 1.500 euros, co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural deste municipio e da súa contorna.
García Porto subliñou que “nesta anualidade destinamos preto de 8.000 euros á organización de eventos lúdicos e culturais no Vicedo, entre os que se atopan o Xuvenlugo, xogos tradicionais na Festa dos Avós e Netos, e esta actuación de Lucus Ensemble que hoxe presentamos. Así mesmo, promovemos as prospeccións arqueolóxicas en Moutillóns e Coelleira. Todo isto co obxectivo de colaborar co Concello na posta en marcha de actuacións destinadas a dinamizar a vida social e cultural da vila”.
O concerto celebrarase na Casa da Cultura do municipio mariñán e a entrada será totalmente de balde. Esta actuación enmárcase na programación cultural de outono do Concello do Vicedo. Se o mes de outubro foi predominantemente teatral, este mes de novembro a música encherá o salón de actos da Casa da Cultura coa actuación desta formación musical de gran relevo na provincia de Lugo.
Lucus Ensemble
Lucus Ensemble é unha agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados á cidade de Lugo. Os integrantes do grupo son Santiago Noriega, Adrián Balboa, Moisés López, Miguel Díaz, Araceli Martínez, Tania Balboa, Pablo González, Mateo Bande, Daría De Lamo, Patricia Vega, María Losada, Xosé Fernández, Cristina Díaz, Carlos Vázquez, Alejandro Troya e Cristina Nogueira.
Lucus Ensemble nace en Lugo no ano 2014. Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, un grupo de músicos con ampla experiencia pensan na posibilidade de crear unha formación estable na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un ensemble mixto de vento, corda e percusión baixo a dirección musical de Alejandro Troya. Este farase cargo tamén, xunto con outros membros da agrupación, de ultimar as adaptacións e arranxos necesarios do programa, sendo esta unha das características identificativas do grupo, xa que todo o repertorio está arranxado por e para o Ensemble.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



