Lugo, 14 de outubro de 2017. Un total de 336 empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia optan ás axudas para contratar a novos traballadores que ofrece o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado 4, Máis Social. Todos eles deben consultar as súas solicitudes en www.deputacionlugo.gal ou no Taboleiro de Anuncios e, de ser necesario, completala ou modificala para seguir concorrendo ás subvencións de ata un máximo de 22.000 euros que inclúe dita programación, coas que asumir durante 1 ano os custos laborais de hoxe desempregados lucenses que pasarán a ser persoal dos seus establecementos. Poden facelo dende hoxe e ata o 24 de novembro inclusive.
Durante mencionado prazo, debe presentarse a documentación requirida (cada participante pode ver esta na web provincial e no taboleiro) no Rexistro Provincial da Deputación, que está na praza baixa do Pazo de San Marcos. En caso de dúbidas, poden chamar ao 982260085 ou 982260203; ou ben enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: area.emprego@deputacionlugo.org.
3 liñas de financiamento
Son 336 autónomos, PEMES e colectivos sen ánimo de lucro, todos eles da provincia de Lugo, os que optan ás axudas dun total de 2,2 millóns de euros do Ben Empregado 4, máis social. Segundo as súas solicitudes, o Goberno da Deputación asumirá con ditos fondos o 100%, o 90% ou o 50% dos custos laborais de novos traballadores, que serán sempre lucenses actualmente no paro. As 3 posibilidades son as seguintes:
– O Goberno da Deputación asumirá a totalidade dos custos laborais dos traballadores, concedendo ás entidades ou colectivos o 100% da axuda, cando contraten a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, veciños con dificultades físicas ou psíquicas ou vítimas de violencia de xénero, entre outras. Todo isto para favorecer a igualdade de oportunidades.
– O Executivo Provincial asumirá o 90% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por colectivos sen ánimo de lucro, contribuíndo deste xeito, á importante actividade social do tecido asociativo lucense.
– O Goberno da Deputación asumirá o 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por empresas da provincia.
Máis social
Na resolución das axudas, e tal e como recollen as bases públicas desta programación, favoreceranse ás empresas e colectivos que non se teñan beneficiados das anteriores edicións do Ben Empregado; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa. Ademais, valorarase positivamente que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45.
Obrigas
As entidades e colectivos que resulten beneficiadas deberán aceptar ao traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente, entre outras obrigas.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



