Lugo, 13 de xullo de 2017. A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns no salón de actos do Pazo de San Marcos o Coloquio Internacional Sine Iniuria in Pace Vivatur; A Construción do Imperio durante os Xulio-Claudios, que organiza do 22 ao 24 de novembro a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, e que conta cunha achega económica do Goberno da Deputación de 3.000 euros. Na presentación tamén participaron o Vicerreitor do Campus Terra, Javier Bueno Lema; e os organizadores do coloquio, Manuel Villanueva Acuña e María Dolores Dopico.
García Porto subliñou que “somos conscientes da importancia da investigación histórica, por iso colaboramos con esta actividade que nos axuda a coñecer mellor a nosa cidade romana, e as singularidades da nosa provincia. Ademais, facemos diferentes colaboracións como as escavacións máis recentes no Castro do Castañoso, na Fonsagrada, ou a do Castro de Arxeriz, na Ribeira Sacra. Colaboramos tamén con distintos certámenes e simposios e, como non podía ser doutro xeito, a través da estreita relación coa USC, e máis singularmente co Campus Terra, nace esta aportación que facemos para o desenvolvemento deste coloquio, ao mesmo tempo que serve tamén de atractivo para todas aquelas persoas que dende calquera enclave do mundo se achegarán durante uns días á cidade de Lugo, conseguindo con isto que sexa un referente no mapa da historia romana”.
Trátase dun proxecto no que participaron historiadores, filólogos, epigrafistas, arqueólogos e técnicos, é dicir, un proxecto multidisciplinar. En definitiva, un total de 25 investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal. O obxectivo é analizar as dúas cidades de Callaecia, Lucus e Bracara Augusta, o impacto que estas cidades tiveron sobre o territorio, así como outros aspectos da sociedade e da economía.
Proxecto de investigación
Con este coloquio ponse fin ao Proxecto de Investigación de Excelencia do MINECO As fundacións urbanas de Callaecia e a creación dun novo espazo administrativo. Nel pretendese presentar os resultados obtidos ao longo do mesmo, do 2015 ao 2017, pero será tamén a ocasión de ampliar algunhas das cuestións estudadas a través desta reunión científica internacional. Para iso, propuxéronse a 25 investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal que presentan as súas achegas sobre o que considera un aspecto clave do Proxecto, a “construción” do imperio durante os xulio-claudios (finais do século I a.C. e primeira metade do Século I d.C.), con especial incidencia nos cambios das sociedades indíxenas.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



