O Valadouro 17-11-17. O club Local Castelarco foi o encargado da Organización Xunto coa Federación Galega de Tiro con Arco do Trofeo Federación – Xunta de Galicia.
Adrian Orjales de Arco A Frouxeira (Valdoviño) estreábase en competición oficial na categoría Arco Adaptado Cadete Home conseguindo 250 puntos, hai que destacar que Orjales e o primeiro arqueiro invidente Galego.
A defensa do orgullo da Mariña correu a cargo de dous clubs que existen na Comarca, do IADOVI José Manuel García Cordido coñecido como (Campa) subiu o mais alto do podio na categoría de Arco Recurvo Veterano sumando 509 puntos. Mentres que Fidel Rodríguez (Rocky) do club Castelarco do Valadouro conseguiu a prata na categoría de Arco Composto Veterano con 527 puntos.
Un inspirado Miguel Alvariño (Silex – As Pontes) e practicamente invencible conseguindo 585 puntos de 600 posibles, durante unha boa parte da competición Alvariño foi seguido moi de cerca por Vicente Veira (Arc-Teixo – Arteixo) pero nas ultimas entradas o arqueiro Pontés conseguiu a vantaxe que o subiu o mais alto do podio no Valadouro da categoría Arco Recurvo Sénior Home.
A presenza feminina estivo defendida entre os 132 arqueiras participantes destacando Noelia Pena (Arc-Teixo – Arteixo) sumando 551 puntos e subindo o podio da categoría Arco Recurvo Sénior Muller.
As categorías de menores de 14 anos demostraron que o futuro do tiro con arco en Galicia esta garantido, destacando puntuacións en tódalas categorías. Cesar Vázquez da Escola Lucense con 587 puntos sobre 600 posibles e Mar Candal de Arc-Teixo con 553 puntos.
O Club Castelarco era a primeira vez que exercía como organizador de unha competición oficial colocando a Mariña por primeira vez no calendario oficial da Federación Galega de Tiro con Arco. Para o cal contou coa colaboración do Concello do Valadouro da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Resultados por Categorías:
Arco Espido Sénior Home:
1. Sergio Alonso, Serra de Gondomar, 247 puntos.
2. Elías Méndez, Arco Xeve, 246 puntos.
3. Santiago Soneira, Su A Agra, 246 puntos.
Arco Espido Sénior Muller:
1. Silvia Fernández, Meigarco, 261 puntos.
2. Violeta Peitieiros, Meigarco, 214 putos.
3. Inma Souto, Arqueiros do Barbanza, 186 Puntos.
Arco Instintivo Sénior Home.
1. Jose Villarroel, Serra de Gondomar, 252 putos.
2. Silverio Bouzas, Boa Vila, 242 puntos.
3. Carlos Moreira, Arco da Vella, 236 puntos.
Arco Recto Sénior Home.
1. Christoph Schnitzler, Arqueiro de Cambre, 237 puntos.
2. Eugenio Casal, Meigarco, 227 puntos.
3. Javier Santos, Federación Canaria, 220 puntos.
Arco Composto Sénior Home.
1. Daniel Motto, A Treucro, 576 puntos.
2. Felix Perez, A Teucro, 573 puntos.
3. Teo Iglesias, Archers Team, 572 puntos.
Arco Composto Veterano Home.
1. Alfonso Fernández, Escola Lucense, 551 puntos.
2. Fidel Rodriguez, Castelarco, 527 puntos.
3. Antonio Martinez, Arc-Teixo, 507 puntos.
Arco Recurvo Cadete Home.
1. Pedro Pina, A. Ferrol, 531 puntos.
2. Marcos Ameneiros, Arco A Frouxeira, 474 puntos.
3. Diego Lamela, Escola Lucense, 455 puntos.
Arco Recurvo Cadete Muller.
1. Sandra Rodríguez, Arco A Frouxeira, 343 puntos.
2. Laura Veira, Arc-Teixo, 298 puntos.
3. Sandra Cerpero, Arco Narón, 235 puntos.
Arco Recurvo Senior Home.
1. Miguel Alvariño, Silex, 585 puntos.
2. Vicente Veira, Arc-Teixo, 564 puntos.
3. Francisco Pérez, Universitario A Coruña, 540 puntos.
Arco Recurvo Senior Muller.
1. Noelia Pena, Arc-Teixo, 551 puntos.
2. Marta Guerrero, Arco Muralla, 458 puntos.
3. Cristina Castro, Silex, 455 puntos.
Arco Recurvo Veterano Home.
1. Manuel García, IADOVI, 509 puntos.
2. Adriano Romero, Silex, 509 puntos.
3. Juan Dopico, A Ferrol, 505 puntos.
Arco Recurvo Alevin Home.
1. Martin Pita, Arco Narón, 538 putos.
2. Martin Mera, Arco A Frouxeira, 516 puntos.
3. Pedro Martin, Arco A Frouxeira, 459 puntos.
Arco Recurvo Benxamín Home.
1. Cesar Vázquez, Escola Lucense, 587 puntos.
2. Andrés Casas, Arco Narón, 541 puntos.
3. Juan Aguado, Escola Lucense, 505 puntos.
Arco Recurvo Benxamín Muller.
1. Aroa Costa, Arqueiros de Cambre, 483 puntos.
2. Cecilia Sánchez, Arqueiros de Cambre, 475 puntos.
3. Clara Matesanz, Arco Narón, 409 puntos.
Arco Recurvo Infantil Home.
1. Pablo Filgueira, A Ferrol, 522 puntos.
2. Javier Cortegoso, A Ferrol, 520 puntos.
3. Marcos Biurrum, Arqueiros de Cambre, 504 puntos.
Arco Recurvo Infantil Muller.
1. Mar Candal, Arc-Teixo, 553 puntos.
2. Cristina Vergara, Arco Narón, 549 puntos.
3. Laura Piñon, Arco Narón, 477 puntos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
