Lugo, 21 de novembro de 2017.- A día de hoxe, os seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) que hai na provincia de Lugo subvencionaron 112 proxectos que contan cunha axuda de 5,1 millóns de euros e permitirán mobilizar un investimento de preto de 10 millóns de euros.
Así se deu a coñecer esta mañá na reunión cos responsables dos GDR lucenses que, presidida polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, serviu para avaliar e poñer en común o traballo que están a desenvolver desde estas entidades para impulsar o agro lucense
O encontro serviu tamén para facer un chamamento dirixido a empresas, entidades e profesionais do agro, potenciais beneficiarios destas axudas, para que saquen o máximo proveito posible dos recursos que os GDRs poñen a disposición do rural da provincia
115 proxectos financiados
Entre os 115 proxectos que obtiveron o apoio dos GDR atopamos moita variedade, desde centros de día, garderías, a accións culturais e turísticas, ademais de iniciativas relacionadas coa agricultura, gandaría e co forestal.
Aos proxectos aprobados ata o de agora sumando moitos máis xa que logo está previsto que o próximo ano teña lugar unha segunda convocatoria de axudas. Os expedientes presentados con posterioridade ao 31 de marzo, serán analizados para a convocatoria do ano que ven, competindo en concorrencia, cos expedientes que se sigan presentando ata o 31 de marzo do 2018, data límite para facelo.
Seis asociacións que abarcan toda a provincia
En Lugo están en pleno funcionamento seis asociacións de desenvolvemento rural: a de Terras de Miranda, con sede en Mondoñedo e ámbito de influencia no norte da provincia; a asociación da comarca de Lugo, con sede en Friol, e ámbito territorial nos concellos do centro; a asociación da Terra Chá, con sede en Vilalba, que opera nesa comarca; a asociación Miño-Ulla, con sede en Chantada, e ámbito influencia nos concellos máis ao sur da provincia; a asociación de Montes e Vales Orientais, con sede en Baleira, que opera na Montaña lucense; e, finalmente, a asociación da Ribera Sacra-Courel, con sede en Bóveda.




















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



